EN DIRECTO | Mesa redonda: A ciencia galega co ‘Prestige’

Científicos das tres universidades do SUG repasan as pegadas que deixou en Galicia o afundimento

Prestige, 20 anos despois. Este é o título da xornada organizada polo centro interuniversitario Ecobas para este venres no Parador da Costa da Morte en Muxía. Trátase de lembrar a catástrofe do Prestige cando está a piques de cumprirse o aniversario do seu afundimento, facelo nun dos concellos máis afectados e con maior participación de voluntariado e dan man, por unha banda, daqueles actores sociais que se viron implicados en primeiro grao no naufraxio e, pola outra, das investigadoras e investigadores que desde as tres universidades galegas se encargaron de avaliar o seu impacto.

Ciencia galega

A apertura, prevista para as 10.00 horas, correrá a cargo da catedrática de Economía da Universidade de Santiago de Compostela, María Loureiro, responsable científica de Ecobas, que estará acompañada polo xornalista Pepe Formoso, presidente da Asociación Profesional do Turismo da Costa da Morte, e Milucho Louro, da empresa de venta en liña de peixe fresco Fresco y del Mar. Tras esta breve presentación, a primeira mesa redonda, A ciencia galega co Prestige, contará coa participación de persoal docente e investigador das tres universidades galegas que, desde distintas disciplinas, achegarán aos asistentes aos impactos e pegadas que deixou este naufraxio nos ecosistemas, na economía e na poboación de Galicia. Por parte da Universidade de Vigo contarase coa participación do catedrático de Ecoloxía Ricardo Beiras; desde a Universidade de Santiago de Compostela intervirán a propia María Loureiro e o profesor de Enxeñaría Ambiental Juan Garrido, mentres que no caso da Universidade da Coruña os participantes serán os catedráticos Antonio García Allut, de Antropoloxía Social, e Ricardo García Mira, de Socioloxía. A maiores contarase tamén coa participación de Ramón Sabín, representante legal das confrarías.

Experiencias e testemuñas

Baixo o paraugas común de Experiencias e testemuñas de primeira man, a segunda mesa redonda, prevista para as 12.00 horas, contará cunha pequena representación dos actores sociais máis relevantes que interviñeron na catástrofe do Prestige, que terán aquí a oportunidade de contar as súas experiencias desde as confrarías, os servizos de protección civil, o voluntariado… Intervirán neste caso o portavoz de Fresco y del mar, Milucho Louro; o secretario da Confraría de Muxía, Nacho Castro; os voluntarios Sven Schewebsch e Sole Méndez e o escritor Chisco Naval.

Tras a reprodución de vídeos e relatorios por streaming, entre eles os de Iñaki Gabilondo, Mercedes Milá ou Manuel Rivas, será o economista e profesor da Universidade de Vigo Albino Prada o encargado de afondar nas conclusións e reflexións sobre a xornada. O peche do acto correrá a cargo do acordeonista de Cee Fernando Fraga.

Incriscións ata mañá xoves e seguimento a través de Youtube
As persoas interesadas en acudir á xornada de forma presencial deben inscribirse antes de mañá xoves ás 18.00 horas e, para todas aquelas que non poidan acudir presencialmente pero que estean interesadas en asistir poderán seguilo en liña a través da canle de Youtube de Ecobas.

A mesa contará con investigadores/as que dende distintas disciplinas nos achegarán aos impactos e pegadas que deixou o buque Prestige nos ecosistemas galegos, na nosa economía e nas pobacións locais.

Poñentes:

  • Ricardo Beiras – Catedrático Ecoloxía, UVigo
  • Maria Loureiro – Catedrática Economía, USC
  • Antonio García Allut – Catedrático Antropoloxía Social, UDC
  • Ricardo García Mira – Catedrático Socioloxía, UDC
  • Juan Garrido Fernández – Profesor titular enxeñería ambiental, USC
  • Ramón Sabín – Representante legal confrarías

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.