Elaboran en Lugo o maior estudo patolóxico sobre 240.000 vacas

A Facultade de Veterinaria da USC vén de completar o estudo máis amplo de todos os realizadas ata a actualidade sobre o comportamento patolóxico e epidemiolóxico dos patóxenos causantes de mamite bovina, unha investigación desenvolvida pola actual directora do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), María Luisa Barreal López, e cuxos resultados están recollidos na súa tese de doutoramento, dirixida polo catedrático da USC Pablo Díez Baños e polo tamén profesor da área de Sanidade Animal no centro universitario lugués Gonzalo Fernández Rodríguez.

María Luisa Barreal, entre Gonzalo Fernández e Pablo Díez Baños, na Facultade de Veterinaria de Lugo.
María Luisa Barreal, entre Gonzalo Fernández e Pablo Díez Baños, na Facultade de Veterinaria de Lugo.

O interese e a utilidade dos datos analizados na tese ‘Estudo comparado do comportamento epidemiolóxico dos principais microorganismos illados de mamite bovina en Galicia’, presentada na Facultade de Veterinaria por esta bióloga luguesa, nada en Sarria aínda que afincada en Castro de Ribeiras de Lea, son manifestos, xa que as conclusións desta investigación antóllanse como a base  para establecer novas medidas de control específicas orientadas a incidir aínda máis na prevención e no control desta enfermidade.
A información resultante desta análise patolóxica e epidemiolóxica do comportamento dos patóxenos causantes de mamite servirán asemade de axuda aos veterinarios para interpretar os resultados de diagnóstico de laboratorio á hora de establecer un prognóstico e tamén as correspondentes pautas para un tratamento eficaz da patoloxía advertida.
A amplitude da investigación, que ten en e conta os datos recollidos de máis de 240.000 mostras de mamites subclínicas e clínicas enviadas para diagnóstico durante sete anos, permite o estudo e a clasificación dos patóxenos segundo a gravidade das mamites que provocan e as variacións do comportamento epidemiolóxico dos microorganismos, entre os que se inclúen casos de microorganismos ate o momento descoñecidos ou sobre os que existía escasa información.

A investigación alerta sobre outros patóxenos que poden provocar a doenza

As conclusións do traballo desenvolvido por esta veterinaria luguesa ao abeiro da súa tese de doutoramento constata a crenza de que, a pesar da mellora da calidade do leito observada nos últimos anos, os programas de control de mamites existentes só actúan de xeito eficiente ante un número de microorganismos moi limitado, aínda que algún destes teñen grande frecuencia como axentes etiolóxicos. Esta investigación advirte asemade do aumento da frecuencia de illamento de patóxenos ata a fecha non considerados de importancia.
A catedrática da área de Sanidade Animal do Departamento de Patoloxía Animal da USC, Patrocinio Morrondo Pelayo, presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por María Luisa Barreal López, que obtivo a máxima cualificación de sobresaíntecum laude.
A profesora da área de Sanidade Animal da Universidade de León Ana María Carvajal Urueña; o xefe do Laboratorio Normativo de Saúde Pública de Biscaia, Juan Marco Melero; o xerente do LIGAL, Roberto Lorenzana Fernández, e a profesora da USC Rosario Panadero, que actuou en calidade de secretaria, completan a composición do tribunal.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día

A tala de piñeiros pon en “grave risco” un conxunto de petróglifos en Outeiro de Rei

Dúas asociacións alertan de que a corta de árbores na parroquia de Parada se está a realizar sen medidas de protección patrimonial