Descobren a fórmula sobre a fascinante xeometría do brócoli romanesco

Un estudo describe o ciclo polo cal estas brásicas, programadas para converterse en flores, non o conseguen e transfórmanse en talos

Un gran brócoli romanesco protagoniza a última portada da revista Science. A razón? O misterio resolto da peculiar forma desta brásica, grazas a unha investigación na que toma parter o CSIC, e que explica como estas coliflores son, en realidade, brotes programados para converterse en flores, pero que nunca alcanzan o seu obxectivo; senón que se converten en talos que, á súa vez, continúan tentando producir flores

O estudo foi liderado desde o Centro Nacional para a Investigación Científica de Francia (CNRS) e o Instituto Nacional de Investigación en Informática e Automatización (INRIA) dese país, coa participación do Instituto de Bioloxía Molecular e Celular de Plantas (IBMCP, centro mixto da Universidade Politécnica de Valencia e o CSIC).

Publicidade

No traballo, os investigadores combinaron experimentos in vivo con modelos computacionais en 3D que reproducen o desenvolvemento da inflorescencia das plantas. O seu obxectivo era descubrir os fundamentos moleculares do crecemento das coliflores en xeral, e do brócoli romanesco, en particular.

https://twitter.com/ScienceMagazine/status/1413197467777212420

Publicidade

Talos de romanesco que non chegan a ser flores

O equipo comprobou que ambos son en realidade unha proliferación de xemas (meristemos) programadas para converterse en flores pero que nunca alcanzan o seu obxectivo. O que fan é converterse en talos que, á súa vez, continúan tentando producir flores. A coliflor nace da reiteración deste proceso, que provoca unha sucesión de talos sobre talos.

Así, a forma atípica do romanesco explícase pola produción cada vez máis rápida de talos que fracasan no seu intento de converterse en flores, mentres que esta taxa de produción é constante noutras coliflores. Como resultado, a inflorescencia do romanesco adquire unha estrutura piramidal composta por pirámides máis pequenas, provocando o aspecto fractal da mesma.

“Os meristemos da coliflor non logran alcanzar o obxectivo de formar flores pero ‘lembran’ que transitoriamente si que conseguiron adquirir un estado floral. As mutacións adicionais que afectan o crecemento e a actividade dos meristemos son as que provocan as formas fractais características do romanesco”, apuntan Francisco Madueño, Antonio Serrano e Carlos Giménez, tres dos autores do traballo. Estes investigadores caracterizaron a rede de xenes que determina que se forme unha flor ou un talo e cuxa actividade está por tanto alterada nos meristemos da coliflor e o romanesco.

En concreto, observaron como TFL1, un xene esencial para a formación de talos, é activado por xenes que promoven a formación de flores, un resultado inicialmente contraditorio pero clave para entender o desenvolvemento da inflorescencia das plantas e, especificamente, a formación de estruturas tan fascinantes como o fractal do romanesco.


Referencia: Cauliflower fractal forms arise from perturbations of floral gene networks (Publicado en Science).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri