Declarado aviso laranxa por calor e amarelo por treboadas o sábado

Meteogalicia alerta sobre temperaturas preto dos 40 graos na conca do río Miño en Ourense

O aviso amarelo para o sur de Galicia pola calor deste venres foi elevado a aviso laranxa por Meteogalicia na conca do río Miño ao seu paso por Ourense, onde as temperaturas deste venres van achegarse aos 40 graos.

Ademais, a situación mudará notablemente na xornada do sábado, cando Meteogalicia activou o aviso amarelo, pero por outro fenómeno meteorolóxico: as treboadas, con tormentas nas provincias de Ourense e Pontevedra con precipitacións por riba dos 15 litros por metro cadrado nunha hora.

Publicidade

Avisos amarelos e laranxas para a xornada do venres.

O aviso amarelo por altas temperaturas afecta hoxe a Valdeorras, litoral de Pontevedra, Sur de Lugo, Miño en Pontevedra e Sur de Ourense. O aviso chega a laranxa no caso do Miño en Ourense.

Para mañá, a alerta por fortes treboadas será amarelo en toda a provincia de Ourense, Interior de Pontevedra, Sur de Lugo e Miño en Pontevedra. Ademais, haberá tamén un aviso amarelo por fortes ventos do nordés, con forza 7 no litoral da Coruña.

Publicidade

Esta alerta está provocada pola presenza este sábado de masas de aire frío en capas altas da atmosfera que interactuarán coa calor en superficie destes días, xerando nubes e fortes tormentas con probable aparato eléctrico.

Aquí podes consultar o boletín de avisos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que aves hai preto de ti? Esta é a ‘app’ que converte Galicia nun mapa para os amantes da ornitoloxía

A ferramenta eBird permite consultar as especies observadas e os puntos de maior interese, crear listas personalizadas e contribuír con novos rexistros

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego