Daniel, Gloria ou Raquel: as vindeiras borrascas xa teñen nome

Os servizos meteorolóxicos de Francia, España e Portugal publican a listaxe cos nomes dos fenómenos que conleven alertas laranxa ou vermella

Son as borrascas e cicloxéneses que van ser noticia nos vindeiros meses. Os titulares dos xornais falarán de Daniel, de Gloria, de Bernardo ou de Raquel, porque as axencias meteorolóxicas de Francia, Portugal e España acordaron xa a nomenclatura para os fenómenos atmosféricos de grande impacto  que viviremos a partires deste outono.

A listaxe ten 21 nomes, que irán bautizando sucesivamente ás borrascas que conleven aviso laranxa ou vermello dende outubro no Atlántico e no Mediterráneo Occidental.

Publicidade

Cada tempada, dende hai tres anos,  os servizos meteorolóxicos de España (Aemet), Francia (Météo- France) e Portugal (IPMA) publican a listaxe para dar nome a todas aquelas fortes depresións atmosféricas, que no periodo 2019/2020 serán: Amelie, Bernardo, Cecilia, Daniel, Elsa, Fabien, Gloria, Herve, Inés, Jorge, Karine, Leon, Myriam, Norberto, Odette, Prosper, Raquel, Simon, Teresa, Valentín e Wanda.

Na tempada anterior, os nomes chegaron ata Miguel, no número 13 da listaxe

Os avisos irán acompañados co nome cando se prevexan refachos máximos superiores aos 90, 100 e 110 quilómetros por hora en función das zonas, o cal non impide que veñan acompañadas de precipitacións. É dicir, só van levar nome aquelas que poidan producir un grande impacto en bens e persoas, aínda que non será necesario que experimenten un proceso de cicloxénese explosiva.

Publicidade

Segundo explica a Aemet, o feito de nomear ás borrascas con grande impacto favorece que a comunicación sexa máis efectiva ante un episodio adverso. O primeiro servizo meteorolóxico que emita un aviso de nivel laranxa ou vermello dará nome á borrasca, seguindo a lista preestablecida.

De todos os xeitos, é moi improbable que Simón, Valentín, Teresa ou Wanda cheguen a dar nome a unha borrasca. Porque na pasada tempada só foron nomeados 13 episodios, o derradeiro deles Miguel, unha cicloxénese que xa chegou a comezos do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De Flora a Rafael: estes serán os nomes das próximas borrascas que afecten a península

A Aemet presenta a lista para a época de temporais que comeza o 1 de setembro, e que se reservarán para os episodios meteorolóxicos de alto impacto

Activada a alerta laranxa no oeste da Coruña por precipitacións intensas

A AEMET acende o aviso amarelo en zonas da Coruña, Lugo, Ourense e en toda a provincia de Pontevedra por tormentas e chuvias

Por que as choivas previstas serán insuficientes para acabar coa seca en Galicia: “A situación xa é moi severa”

A secura prolongada fai que o solo perda a capacidade de absorber auga, o que provoca escorreduras ante episodios intensos de chuvia

Anatomía da borrasca que regará Galicia e derrubará as temperaturas: “Formouse a latitudes excepcionais”

O descenso das temperaturas será máis pronunciado en zonas do interior de Lugo e Ourense, sobre todo na Ribeira Sacra, o Miño, Valdeorras e Verín