Desvelan as principais claves da invasión de especies vexetais en Europa

Un estudo que analiza plantas como a acacia negra expón que as invasoras comparten patróns como abundancia, extensión e amplitude do hábitat

Un estudo internacional con participación de científicas e científicos de 27 países, publicado esta semana na revista PNAS, sinala que a abundancia local, a extensión xeográfica e a amplitude ecolóxica son as tres claves que inflúen na expansión das especies exóticas invasoras vexetais en Europa. O traballo analizou a alga tropical caulerpa (Caulerpa taxifolia), a acacia negra (Acacia melanoxylon), de orixe australiana, e o xacinto de auga americano (Eichhornia crassipes) para identificar estes patróns que contribúen ao seu éxito e, por tanto, á degradación sobre os hábitats locais.

O estudo apunta tamén que as especies invasoras comparten moitas características coas condicións que as especies nativas necesitan para progresar. Deste xeito non só reducen a biodiversidade do noso medio natural, propagan enfermidades ou causan severas molestias na nosa sociedade, senón que tamén causan danos económicos millonarios. Para obter estes datos, combináronse máis dun millón de parcelas de vexetación no continente europeo e a súa diversidade de hábitats con bases de datos sobre distribucións de especies, características e orixes históricas, para chegar a unha avaliación integral das dimensións da invasión.

Publicidade

Tal e como explican os autores, a identificación destes patróns que son clave no éxito das invasións biolóxicas supón un reto, xa que “as especies poden lograr a invasión de diferentes maneiras, cada unha das cales corresponde a diferentes aspectos demográficos de de distribución. “A través dunha perspectiva multidimensional, atopamos que as especies se espallan nun eixe que vai desde invasoras pobres ata superinvasoras que se volven abundantes, xeralizadas e invaden diversos hábitats”.

Outro estudo publicado de maneira conxunta polo CSIC e a Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), esas perdas económicas ascendían en 2017 a 12 billóns de euros en Europa, mentres que España gasta máis de 50 millóns de euros unicamente pola súa extracción mecánica, sen ter en conta outros danos sobre a agricultura, a gandería e os espazos naturais protexidos.

Publicidade

A participación desde españa do Real Jardín Botánico do CSIC consistiu en analizar unhas 11.000 especies nativas e 600 introducidas en Europa para determinar as características dispersivas dos seus froitos e sementes. “A pesar de que numerosos froitos e sementes teñen certas características que favorecen a súa dispersión natural a longa distancia, non parecen ser favorecidos na expansión das especies invasoras. Pola contra, a dispersión mediada polas actividades humanas foron máis determinantes”, concreta Pablo Vargas, investigador no Real Xardín Botánico de Madrid, que participou neste estudo.

Xa en 2018, Vargas alertou no Congreso dos Deputados sobre as graves consecuencias das invasións biolóxicas. Durante a súa comparecencia o investigador do RJB-CSIC chamou a atención sobre as consecuencias catastróficas que certas especies invasoras causaron, seguen causando e causarán, se non se pon remedio, na biodiversidade, a saúde e a economía españolas. Esta reflexión chega tamén ao traballo publicado esta semana, no que se expón que considerar as invasións destas especies nun marco multidimensional pode achegar información sobre os procesos de invasión, ao mesmo tempo que mellora a comprensión xeral da dinámica de distribución de especies.


Referencia: Dimensions of invasiveness: Links between local abundance, geographic range size, and habitat breadth in Europe’s alien and native floras (Publicado en PNAS).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies