Unha científica galega secuenciará o xenoma da ‘herba de namorar’

A especie 'Armeria pungens' está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar

Armeria pungens, tamén coñecida como “herba de namorar”, está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar. Coñecida polas súas follas afiadas e o seu carácter lendario, esta especie propia das dunas costeiras acaba de ser incluída no Atlas do Xenoma da Biodiversidade Europea (ERGA), que ten por obxectivo protexer e restaurar a biodiversidade a través da xeración de datos xenómicos. Ao abeiro deste proxecto paneuropeo, a investigadora da Universidade da Coruña (USC) Rosalía Piñeiro secuenciará o xenoma da especie Armeria pungens.

A investigación enmárcase no EathBioGenome Project que impulsa o ERGA para catalogar e caracterizar xenomas de toda a biodiversidade eucariota da Terra nun período de 10 anos. Con todo, a secuenciación avanzou de maneira “especialmente lenta” no reino animal, segundo explican dende a UDC. No ano 2000 conseguiuse o primeiro xenoma vexetal, correspondente á especie Arabidopsis thaliana. Dúas décadas máis tarde, en 2020, procesáranse só 1.575 especies de plantas. Esta lenta progresión débese a que moitos vexetais presentan xenomas complexos, de gran tamaño ou con secuencias repetitivas. No últimos tres anos (2020-2021) a tecnoloxía de secuenciación de ADN experimentou grandes avances, permitindo duplicar o número de especies de plantas secuenciadas.

Publicidade

Tres especies

Para incrementar o número de especies vexetais secuenciadas, o ERGA acaba de seleccionar o proxecto de Piñeiro, científica no Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva (GIBE) do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC. A especie que secuenciará a científica galega é Armeria pungens, denominada popularmente como ‘herba de namorar’; un alcume ao que tamén pertencen outras dúas especies. A máis coñecida e amplamente distribuída é Armeria mariitima, seguida de Armeria pubigera, endémica do noroeste da península ibérica.

A investigadora Rosalía Piñeiro, da UDC.

O nome de A. pungens fai honra ás súas follas, moi puntiagudas. A súa área principal de distribución é contínua nas dunas costeiras do suroeste peninsular, aínda que ten dúas áreas en illas continentais. A primeira é unha poboación galega de A. pungens nas illas Cíes, a 400 quilómetros da poboación máis próxima, situada ao sur de Lisboa. A segunda está formada por varias poboacións nas illas mediterráneas de Córsega e Sardeña.

Publicidade

A presenza desta especie no Mediterráneo e en Cíes supón unha importante disxunción na súa área de distribución. Esta particularidade animou a Piñeiro a indagar sobre a historia desta planta e a súa distribución, combinando datos xenéticos clásicos e modelos de nicho climático. Neste exercicio observou que as poboacións corso-sardas de A. pungens proceden dunha colonización recente desde Portugal, probablemente mediada pola afinidade climática entre ambas rexións en termos de temperatura e humidade.

Unha planta de lenda

A ‘Herba de namorar’ está rodeada de lendas que lle atribúen propiedades de namorar a outras persoas. Bastaría con introducir no peto da persoa amada unha flor desta planta sen que a outra persoa se decate de que leva esa flor na súa vestidura. O cancioneiro popular tamén recolle esta práctica nunha letra que di: “Teño unha herba de namorar, teño pensado quen á levar, na faltriqueira heicha de poñer, para namorarte a ti muller”. Ademais das calidades de namorar, atribúeselle a capacidade de aumentar a fertilidade das mulleres, acollendo tamén o nome de “empreñadeira” por unha suposta capacidade de facilitar o embarazo. É por isto polo que é común ver en San Andrés de Teixido ofrenda de ramalletes de ‘Herba de namorar’ ao Santo para pedirlle un embarazo ou parir sen dificultade.  

1 comentario

  1. A Almería pungens ou herba de namorar
    hai uns anos ensináronma no Grove na beira
    do mar … Descoñezo a súa evolución, inda que supoño que sigue existindo en máis sitios , iso si cómpre investigala e conservala….

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

A investigadora da UDC Itziar Sobrino acada unha Starting Grant para investigar en dereito ambiental

A galardoada estudará as causas polas que determinadas obrigas se aplican de maneira efectiva mentres que outras se debilitan ou se aplican parcialmente

Ten sentido fixarnos no pasado para conservar o lobo?

A súa distribución presente e futura verase condicionada pola densidade das presas silvestres máis que pola do gando. Por Alejandro Martínez Abraín (UDC) e Daniel Oro

Un modelo da UDC simula como se comportará a rótula tras unha operación de prótese de xeonllo

A ferramenta desenvolvida no CITENI permite comparar diferentes escenarios cirúrxicos e adaptados ás características de cada paciente