Mércores 17 Abril 2024

A ciencia de Cíes ilustra Fitur

A natureza do arquipélago, eixe principal da oferta de Vigo na feira internacional de turismo que se celebra en Madrid

A natureza é dende hai tempo un dos grandes reclamos do turismo, da igual de onde sexa. Percíbese en Fitur, a gran feira internacional do turismo que se celebra estes días en Madrid, repleta de paisaxes excepcionais. Vigo, coas Cíes como mascarón de proa, non podía ser unha excepción. Co indiscutible argumento das illas que presiden a entrada da súa ría, o concello presentou este mércores na feira unha proposta turística repleta de ciencia; a ciencia dun arquipélago cun ecosistema único.

Na caseta de Turespaña, e acompañado pola ministra de Turismo, Reyes Maroto, o alcalde vigués, Abel Caballero, presentou unha oferta con dous grandes eixos: Cíes Patrimonio da Humanidade e o Nadal. Co slogan Vigo, el mundo en la ciudad, Caballero destacou a relevancia mundial das Illas Cíes, “que aparecen nos principais xornais de todo o planeta”.

Publicidade

Protagonismo científico

O protagonismo de Cíes na oferta de Vigo é un protagonismo científico, avalado polos traballos realizados pola candidatura das Illas Cíes ao Patrimonio Mundial da Unesco, reunidos nunha publicación presentada en xuño do pasado ano que recolle as investigacións realizadas por un equipo de máis de 20 investigadores nos últimos anos. O proxecto é froito do traballo de expertos das tres universidades galegas, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e do Centro Oceanográfico de Vigo, coordinados por Emilio Fernández, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, e Carlota Barañano, oceanógrafa e membro do comité da candidatura.

As Illas Cíes, separadas do continente desde hai poucos miles de anos, sitúanse nun sistema de afloramento costeiro altamente produtivo, nunha zona de fronteira entre  biorrexións, o que permite ilustrar diversos procesos de grande interese ecolóxico e evolutivo que derivan da interacción entre sistema mariño e terrestre, e convérteas nun observatorio excepcional dos procesos de cambio ambiental de escala global que experimenta o planeta.

As Cíes son un observatorio excepcional dos procesos de cambio ambiental de escala global

O arquipélago sobresae como ecosistema pola súa conformación xeolóxica (cantís, praias, sistemas dunares ou lagoas), a diversidade e produtividade dos seus hábitats mariños, cunha presenza representativa da fauna e flora atlánticas, o interese pesqueiro das especies que habitan nas súas augas ou a relevancia dos cantís e demais enclaves para a nidificación de aves mariñas. Xunto a isto, a importancia histórica e cultural das Cíes conforma un territorio de gran valor patrimonial, destaca o libro.

A obra está auspiciada polo Concello de Vigo, co obxectivo de recoller todo o coñecemento científico existente publicado ata decembro de 2018 sobre as Illas Cíes, obtido a través da revisión bibliográfica exhaustiva e posterior análise da información recompilada por parte de especialistas de diversas disciplinas, e reforzando así o aval científico da candidatura á Unesco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Exoplanetas de spray e tinta: ciencia e arte alíanse nun proxecto internacional con selo galego

O artista vigués Tono Carbajo realiza unha residencia artística en Cataluña para desenvolver a súa obra visual e sonora a partir de evidencias astronómicas

Inmaculada Rodríguez: “Antes faciamos empresas de parafusos, agora de ciencia e tecnoloxía”

A directora xeral de Unirisco reclama dar o salto da investigación á empresa nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible’, que organiza xunto a Noso Capital

Galicia lidera o debate sobre a rendibilidade da ciencia da man de Unirisco

Universidades europeas e centros de investigación analizarán en Santiago o impacto das tecnoloxías disruptivas e a importancia de crear ecosistemas emprendedores