Venres 19 Abril 2024

O ‘brexit’ como obstáculo á relación científica entre Galicia e Reino Unido

Estudantes e profesores do máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza impartido pola USC na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo celebran cada mes de maio desde hai xa tres anos unha xornada de convivencia nos Picos de Europa con profesores e estudantes da universidade de Cumbria (Reino Unido) para intercambiar información e aprender conxuntamente como afrontar as potencialidades educadoras da natureza, compartir experiencias e actualizar o coñecemento sobre a práctica excursionista e a educación ao aire libre, unha opción alternativa e complementaria das actuais aprendizaxes virtuais nas que cada vez máis se refuxian os escolares, segundo o coordinador do máster DAEN da USC, Uxío Otero.

As universidades de Santiago e Cumbria colaboran desde hai tres anos no desenvolvemento de novas tendencias de educación na natureza

Esta relación interuniversitaria entre USC e Universidade de Cumbria xurdiu en outono de 2015, logo da visita da profesora Heather Prince á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo para impartir unha conferencia sobre as novas tendencias na educación ao aire libre. Nesta intervención, Prince explicou que estudantes e profesores da súa universidade levaban máis de vinte anos visitando Picos de Europa, unhas xornadas nas que desde hai tres anos tamén participan estudantes e profesores do máster DAEN e que calificación de “experiencia magnífica”.

Publicidade

A implicación de alumnado e profesorado do máster DAEN neste tipo de actividades responde á pretensión de outorgar un maior alcance internacional ao traballo que están a desenvolver desde o Campus Terra da USC ao abeiro do máster DAEN, o único posgrao universitario destas características que hai no sur de Europa. “Os grandes centros de investigación e innovación educativa sobre educación ao aire libre concéntranse na Universidade de Linköping (Suecia), Edimburgo (Escocia), Marburg (Alemaña) e tamén Cumbria, a universidade británica coa que establecemos nestes últimos anos un interesante intercambio de ideas que permiten unha aprendizaxe recíproca de dous modelos de máster que son moi afíns, cun marco teórico que compartimos moito”, explica o profesor Otero.

“A nosa idea pasa por darlle continuidade a esta relación proveitosa para converter Lugo na cidade do sur de Europa referente internacional da educación ao aire libre”, engade Otero Urtaza. O coordinador do máster DAEN salienta, sen embargo, que a anunciada marcha do Reino Unido da Unión Europea constitúe un problema engadido para dar continuidade á estreita colaboración que manteñen coa Universidade de Cumbria, dado que a firma de acordos futuros non poderá facerse mediante un programa Erasmus. “A nós gustaríanos institucionalizar as ligazóns con esta universidade británica, pero aí topámonos co Brexit, un proceso que afecta dunha maneira non prevista aos interesees do máster DAEN e do Campus Terra de Lugo”, di este profesor.

Balance moi positivo

O coordinador o máster DAEN da USC fai un balance moi positivo da colaboración que están a manter coa universidade de Cumbria e tamén do grao de aproveitamento das xornadas de convivencia que cada primavera comparten nos Picos de Europa alumnos e docentes das dúas universidades.

“Xa o primeiro ano foi unha experiencia magnífica, na que tivemos a ocasión de coñecer a Chris Loynes, o presidente do European Institute Of Outdoor Education and Experiential Learning (EOE), unha das maiores autoridades en educación ao aire libre en todo o mundo que tamén nos axudou a dar máis proxección ao máster DAEN da USC”, sinala Otero. Este docente engade que ao ano seguinte o profesor Vicente Blanco Mosquera e máis eu asistimos á conferencia anual da EOE en Plymouth (Reino Unido) para presentar os proxectos que temos co máster, unha cita  que se celebrará este ano en setembro en Eslovenia e á que volverán asistir os profesores Vicente Blanco e Salvador Cidrás. A colaboración neste tipo de actividades coa Universidade de Cumbria posibilitan unha maior proxección internacional do máster DAEN da USC, conclúe Otero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

PÓDCAST | A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo

O investigador da UDC Francisco Bellas analiza no sexto episodio de O Descodificador o impacto do cambio tecnolóxico na educación

O proxecto MEDRA fomenta a investigación en física de partículas entre o alumnado de bacharelato

O IGFAE acolleu a presentación dos traballos realizados por decenas de estudantes na súa primeira experiencia investigadora