A científica María Isabel Cadavid, premiada pola súa traxectoria

A fundadora do grupo de investigación BioFarma da USC, María Isabel Cadavid Torres, recibiu o Premio á Traxectoria Científica en Farmacoloxía 2017, outorgado pola Sociedade Española de Farmacoloxía (SEF). Este premio recoñece á excelencia á traxectoria investigadora e docente no ámbito da farmacoloxía en España. O Premio entregouse durante a clausura do 38º Congreso da SEF, que se celebrou en Santiago de Compostela a semana pasada.

Cadavid, catedrática emérita de Farmacoloxía da USC, posúe unha experiencia de máis de 40 anos dedicada á docencia e a actividade científica. Licenciouse en Farmacia en 1970 e en 1976 obtivo o título de doutora. Foi secretaria do Decanato na Facultade de Farmacia, directora do departamento de Farmacognosia e Farmacodinamia, e secretaria e directora do Instituto de Farmacia Industrial da USC.

No ámbito da investigación pública é autora dun centenar de artigos publicados en revistas de gran impacto, seis capítulos de libros, cinco patentes e máis de 200 comunicacións presentadas en congresos nacionais e internacionais. A catedrática dirixiu máis de 100 traballos de investigación, entre teses de doutoramento, traballos de fin de grado e tesinas de licenciatura. Ademais, formou parte de 40 proxectos de investigación e colaborou coa industria farmacéutica e biotecnolóxica no ámbito da I+D de medicamentos.

Publicidade

O premio á traxectoria da SEF leva outorgándose dende o 2015 e ten como obxectivo recoñecer o traballo investigador e docente no ámbito da farmacoloxía en España. Nesta edición, tamén foron premiados os profesores Juan Tamargo Menéndez, da Universidade Complutense de Madrid e Francisco Zaragozá García, da Universidade de Alcalá de Henares. Ademais, o premio tamén ten en conta a aportación do investigador á consolidación da SEF.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos