Avisos amarelos e laranxas en Galicia por fortes choivas

Meteogalicia alerta especialmente para a xornada do mércores, onde haberá fortes chuvascos na Coruña e Pontevedra

Modo borrasca en Galicia para esta semana, cunha sucesión de avisos laranxas e amarelos de Meteogalicia por fortes choivas, intensos ventos e fenómenos costeiros no mar.

Este luns comeza con avisos amarelos na Mariña lucense por fortes ventos entre as 12.00 e as 18.00 horas, o mismo nivel de alerta que haberá no mar na provincia da Coruña e na Mariña lucense. O martes, o mar de fondo do noroeste levará ao aviso laranxa na Coruña, especialmente na Costa da Morte, pero tamén haberá aviso amarelo nas Rías Baixas.

Publicidade

Situación atmosférica na mañá deste luns 27 de xaneiro.

A xornada máis complicada será a do mércores, cando haberá aviso laranxa por mar no litoral da Coruña, e amarelo no resto da costa galega. Pero o máis importante será o aviso amarelo por fortes choivas nas provincias de Pontevedra, A Coruña e na Mariña. Tamén hai alerta amarela por ventos, sobre todo no norte de Galicia.

Os avisos serán máis importantes para este mércores 29 de xaneiro.

A nova borrasca achegarase o mércores a Galicia deixando un novo episodio de intensas precipitacións, acompañadas de ventos fortes do sudoeste.

Publicidade

A choiva seguirá a ser protagonista en todo o país ata a vindeira semana, segundo os modelos numéricos de Meteogalicia.

Aquí podes consultar o Boletín de Avisos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Unha cicloxénese explosiva no Atlántico deixa avisos por choiva e vento en Galicia

Meteogalicia advirte que haberá refachos de máis de 100 quilómetros por hora na Costa da Morte e acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado no litoral