Aviso laranxa pola forte borrasca deste mércores

Tras a chegada dunha nova fronte, Galicia quedará baixo a influencia dunha borrasca situada en Irlanda

Aviso amarelo en terra e laranxa no mar para este mércores pola entrada este mercores dunha forte borrasca en Galicia. Esta nova fronte traerá choivas intensas con máis de 40 litros por metro cadrado en toda a provincia de Pontevedra, montaña de Lugo e Oeste da provincia da Coruña, ademais de fortes refachos de vento que serán superiores aos 80 km/h na costa coruñesa e na Mariña lucense.

Segundo Meteogalicia, a nova borrasca impactará en Galicia a primeiras horas da mañá do mércores. E a partir do xoves espérase unha nova baixa das temperaturas en todo o país.

Publicidade

Galicia quedará na influencia dunha borrasca situada en Irlanda que enviará varias frontes durante a fin de semana. Así, a probabilidade de precipitación será alta en toda a Comunidade, con descenso das temperaturas xa que entrará aire frío dende o norte.

O luns será unha xornada de transición, aínda con algún chuvasco e a partir do martes Galicia quedará na influencia das altas presións, con moi baixa probabilidade de precipitación e progresivo ascenso das temperaturas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla