Preto do 70% das parcelas e da superficie nas parroquias priorizadas en Galicia nos traballos de protección contra incendios arredor das aldeas xa foron obxecto dos traballos de xestión e limpeza de biomasa. É un dos froitos do funcionamento do convenio asinado en 2018 entre a Consellería do Medio Rural, a Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga, a raíz da comisión parlamentaria creada tras os incendios de 2017, polo que se dá así cumprimento a un mandato da Cámara galega.
Estes traballos céntranse nas coñecidas como franxas secundarias, as máis próximas ás vivendas, e por tanto claves na prevención e extinción de posibles incendios. A superficie xestionada nas parroquias priorizadas ao abeiro deste convenio pasou de representar a metade do total no ano 2019 ao preto do 70% na campaña de 2021. En relación a isto, a Xunta finalizou recentemente os traballos de comprobación de preto de 180.000 parcelas de parroquias priorizadas, onde os titulares poden executar a limpeza pola súa conta ou contratala directamente a Seaga por un prezo vantaxoso de 350 euros por hectárea limpa. Nesa inspección, constatouse o incremento no grao de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais, acadándose as tres de cada catro parcelas xestionadas.
Problemas de notificación
Porén, queda pendente a notificación a parte dos propietarios, ben por non dar resposta aos requerimentos ou por seren ilocalizables. A uns 65.000 titulares notificaráselle para que procedan á limpeza advertíndolles que, de non facela, cada concello procederá subsidiariamente e logo lles trasladará o custo correspondente. Ata a última semana de xullo, xa estaban advertidos uns 8.000 propietarios e persoas xurídicas dos 81 concellos priorizados mentres uns 31.500 son ilocalizables, polo que se publicarán proximamente as notificacións no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Novas actuacións no convenio
Despois de cumprir coa revisión das parroquias priorizadas, a Consellería do Medio Rural procederá este ano á revisión das parroquias non priorizadas neses 81 dos 270 concellos actualmente adheridos ao convenio de protección das aldeas. Así, contratáronse un total de 30 capataces que se están a encargar da supervisión do estado de xestión da biomasa, sumados a outras 15 persoas que xa viñan traballando no territorio. Nesta revisión estase a traballar con prioridade nos concellos de Porto do Son, Guitiriz, Cualedro, Oímbra, A Gudiña, Verín, Sandiás, Boborás, Arbo e Mondariz.
O convenio subscrito coa Fegamp e Seaga contempla, ademais das accións nas faixas secundarias, a xestión da biomasa en vías de titularidade municipal ata un máximo de 10 quilómetros por concello e ano, con cargo ao convenio, así como 10 hectáreas de execución subsidiaria, tamén por concello e ano.
Alén disto, está incluída a posta en marcha de iniciativas estratéxicas, como proxectos de mobilización de terras en faixas secundarias que se consideren de especial transcendencia. Nesta liña de traballos enmárcase tamén o impulso das “aldeas modelo” para recuperar parcelas arredor de núcleos de poboación. Nesa dirección, hai xa 44 figuras deste tipo en diferentes etapas ou fases de execución e 14 declaradas en toda Galicia.
Outra liña de traballo céntrase no reforzo de actuacións preventivas mecanizadas nos concellos adheridos, que permitirá acadar unha superficie de actuación en áreas cortalume próxima ás 1.500 hectáreas. Tamén se está a traballar no marco das iniciativas veciñais para o cumprimento das medidas preventivas nas faixas secundarias, como a que supuxo a entrega á Asociación medioambiental “Axuge” de Lobios de media ducia de motoserras, unha decena de batelumes e outros utensilios como serradoiros e tesoiras cortarramas.
No referente á asistencia técnica aos concellos, a Xunta segue apoiando aos consistorios para a tramitación dos seus plans de prevención e defensa contra incendios. Xa hai 232 plans enviados a outros tantos municipios, e deles, 130 xa están aprobados e 41 contan con informe favorable da Consellería e están pendentes da aprobación no Pleno dos concellos.
Os 270 concellos adheridos dispoñen, ademais, de ferramentas tecnolóxicas a súa disposición, como un visor de traballo que permite determinar e visualizar as parcelas afectadas por faixas secundarias e a aplicación Xesbío, para a xestión dos numerosos rexistros que xera o convenio.
Lo que tiene que hacer la administración es primero limpiar sus terrenos, las cunetas de las carreteras están de pena, el hospital de Lugo está hecho una selva, y el mismísimo ayuntamiento de Lugo que tanto anda animando a la gente a denunciar tiene parques y terrenos hechos una porquería.
Es como dice la Biblia, ven la paja en el ojo ajeno y no ven la viga en el suyo.
Y lo de 350 euros es un chiste… no cobran eso ni mucho menos, y si no que se mire el DOGA, es bastante mas.
Lo mas probable es que esto no sea mas que una historia para darle trabajos de pseudofuncionarios a sus amiguetes.
Pero miren, deixaron facer as casas no monte e agora trasladan a reponsabilidade do risco de incendio os veciños.
Deixannos as fincas inservibles e sen poder plantar nada nelas.
Só somos propietarios para xestionar biomasa?
Non hai maneira d buscarlle outra solución a isto, sen perxudicar a terceiros?
Este tremendo follon d estar tódolos dias con denuncias e acoso a persoas maiores e con reducidos ingresos é d tolos.