Atopan dúas novas especies de bolboretas no Parque das Illas Atlánticas

Dúas novas especies de bolboretas foron atopadas no Parque Nacional das Illas Atlánticas por investigadores que publican o seu achado na revista Braña, da Sociedade Galega de Historia Natural. As dúas novas especies son Favonius quercus e Plebejus argus, que elevan a 46 o número de especies de bolboretas presentes nas illas do parque.

Favonius quercus, atopada na illa de Cortegada por investigadores da SGHN.

“A partir dunha revisión das especies rexistradas polo autor neste espazo, cítanse Favonius quercus e Plebejus argus por primeira vez para o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, incorporando estas dúas especies ó catálogo de especies rexistradas no Parque Nacional”, explica o autor do artigo, Xosé Luis Rey-Muñoz.

Publicidade

Favonius quercus foi localizada nos límites da carballeira existente na Illa de Cortegada durante unha incursión para a recompilación de rexistros biolóxicos. Plebejus argus foi localizada na Illa de Ons durante unha prospección entomolóxica realizada ó longo da illa. “Este exemplar situábase na beira do camiño nunha zona de matogueira densa”, explica o autor do achado, que salienta que o exemplar “foi identificado e liberado no mesmo lugar da captura”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

Descuberta unha nova especie fúnxica na illa de Cortegada

O achado de ‘Xylaria polyphaga’ eleva a sete o número de especies novas para a ciencia identificadas no enclave do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Descuberta unha grande estrutura romana no exterior do castro do Castelo dos Mouros, en Ons

Un equipo da UVigo acha "abondoso material" na terraza intermedia do xacemento e identifica unha gran cantidade de restos de ánforas orixinarias do sur da península e de Italia

As Cíes perden biodiversidade: así destrúe o cambio climático as reservas mariñas

O autor do estudo do CSIC sobre as Illas Atlánticas advirte sobre o quentamento das augas e a acidificación como os principais factores de alteración ecolóxica