Alerta laranxa en Galicia ata o xoves por fortes ventos

A Axencia Estatal de Meteoroloxía amplia os avisos e o 112 Galicia publica unha alerta polos fortes refachos esperados

A alerta laranxa esténdese en Galicia ata o vindeiro xoves incluído e avanza ata ocupar por completo as provincias da Coruña e Pontevedra, que xa están a rexistrar fortes ventos.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) ampliou hoxe o seu aviso, que tamén será amarelo nas provincias de Lugo e Ourense polos fortes ventos previstos.

Publicidade

Unha nova fronte chega este martes pola noite, con máis vento e choivas, e deixará a primeiras horas da mañá do mércores chuvascos, localmente fortes, así como refachos de vento moi fortes, especialmente na metade occidental da comunidade.

O 112 Galicia emitiu unha alerta laranxa tanto polo vento como por fenómenos costeiros, con grande ondada en todo o litoral galego. A axencia de emerxencias advirte dun “fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA (risco importante) por vento do Suroeste”, e sinala a costa da Coruña e da Mariña lucense como as máis afectadas. Ademais, emitiu consellos para a cidadanía como afastarse de lugares onde poidan caer obxectos, non subir a lugares altos e conducir con especial precaución. O organismo prevé que o fenómeno poida incluir a caída de árbores e mobiliario urbano.

Publicidade

Aquí podes consultar os avisos da AEMET
e aquí a alerta do 112 Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual