Un aditivo mundial poderá reducir un 30% as emisións de metano

Unha investigación do EEZ proba a eficacia dunha molécula que inhibe a produción de metano no estómago dos ruminantes e reduce as emisións asociadas

A Axencia Europea de Seguridade Alimentaria emitiu o primeiro informe positivo en Europa sobre o uso dun aditivo alimentario para reducir as emisións de metano en ruminantes. O estudo, no que participa a Estación Experimental do Zaidín, Granada, instituto de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (EEZ-CSIC), confirma que o uso do aditivo Bovaer non compromete a seguridade dos ruminantes nin do medio ambiente, ademais de non producir efectos prexudiciais sobre a dixestión ou a inxesta do animal.

A función deste composto molecular é inhibir a actividade dos microorganismos estomacais responsables das emisións de metano, conseguindo así unha redución das emisións do 30% sen afectar á dixestión nin saúde do animal. David R. Yáñez Ruiz, investigador da EEZ-CSIC e principal responsable deste estudo, afirma: “O desenvolvemento e aprobación deste aditivo supón un fito en investigación en nutrición animal, implicou a colaboración de múltiples grupos de investigación en Europa, EEUU, Canadá e Australia, e vai proporcionar unha ferramenta máis ao sector gandeiro para seguir avanzando en sistemas de produción de alimentos máis sostibles”.

Publicidade

O equipo da EEZ foi pioneiro en probar a efectividade da molécula en ensaios con animais e participou na identificación do seu mecanismo de acción, o que contribuíu a que sexa aprobado. O aditivo, que contén a molécula 3-nitrooxypropanol (3- NOP), responsable da actividade anti-metanoxénica, foi desenvolto durante os últimos 10 anos e o seu proceso de solicitude de autorización e rexistro comezou hai dous anos pola empresa DSM Nutritional Products.

Un dos gases máis relevantes en cambio climático

A razón pola que se pretende reducir as emisións de metano é porque se trata dun dos gases causantes do efecto invernadoiro. A gandeiría xera o 30% da produción de orixe antropoxénica. No recente cume do clima COP-26 de Glasgow, a Unión Europea e Estados Unidos impulsaron a nova alianza de 100 países que buscan rebaixar as emisións de metano nun 30% para 2030.

Publicidade

Os efectos positivos da redución de emisións deste gas terían resultados máis inmediatos en comparación a outros gases como o dióxido de carbono, xa que a súa vida media na atmosfera é de 12 anos aproximadamente. Isto é importante porque unha soa tonelada de metano na terra ten 56 veces máis capacidade de quecemento global que unha tonelada de CO2 nun horizonte de 20 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo produto permite reducir as emisións contaminantes nas explotacións gandeiras

Investigadores da UVigo desenvolven un 'biochar' de alta flotabilidade elaborado con residuos forestais que actúa como filtro sobre as fosas de xurro

Un equipo galego sintetiza por primeira vez un composto bioactivo a partir do metano

Investigadores do CiQUS conseguen dar novos usos a un elemento abundante, barato e máis sostible que outras alternativas

A UDC propón xerar hidróxeno verde en buques metaneiros coa calor residual dos motores

O equipo galego defende que a súa solución reduce o desperdicio enerxético e ofrece unha alternativa sostible para a industria marítima

Investigadores da UVigo fan carbón con restos forestais para reducir as emisións do gando

Un dos obxectivos do grupo a longo prazo é fabricar biocombustibles sólidos a partir dos restos dos piñeiros e da acacia