A neve cobre os Ancares e chega con aviso amarelo

As nevaradas deixan impresionantes imaxes nas montañas de Galicia e un aviso amarelo de Meteogalicia

Xa están aquí as primeiras nevaradas do inverno. As principais precipitacións en forma de folerpas caeron, como é habitual, en Ancares, Trevinca, O Courel e o Macizo Central ourensán, onde a neve caeu durante varias horas tanto o xoves como o venres.

Tamén na serra do Xurés, e mesmo de forma puntual na serra do Faro, entre Pontevedra e Lugo. Xa en forma de sarabia, producíronse algúns episodios localizados no norte das provincias da Coruña e Lugo.

Publicidade

Hay aviso amarelo nas montañas de Ourense e Lugo.

Unha masa de aire frío entrou en Galicia, deixando sarabia nas zonas do litoral e tamén en varias bisbarras do interior, mentres que nas montañas as nevaradas foron intensas e esta mañá apareceron cubertas de neve tanto nas serras dos Ancares e do Courel como puntos emblemáticos como O Cebreiro.

As temperaturas foron baixo cero en moitos puntos de montaña e os termómetros non superaron os 13 graos en ningún punto de Galicia.

Publicidade

A neve caeu por riba dos 800 metros e Meteogalicia activou o aviso amarelo por estas nevaradas, que superaron acumulacións de cinco centímetros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra o mes de outubro máis seco dende 2007

O último informe climatolóxico de MeteoGalicia indica que a precipitación media acumulada foi un 79% inferior ao habitual no período

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona