A borrasca Erik deixa avisos amarelos en Galicia por vento e chuvia

A borrasca Erik entra en Galicia este sábado e continuará durante as primeiras horas do domingo con fortes ventos e deixando importantes precipitacións, que activaron o aviso amarelo tanto na costa como en amplas zonas do país.

Os avisos amarelos previstos para este domingo.

O aviso inclúe este domingo todo o litoral atlántico e cantábrico, a práctica totalidade do interior da provincia de Pontevedra e as zonas orientais das provincias de Lugo e Ourense.

Publicidade

A parte central de Erik non impactará directamente contra Galicia, pasando por latitudes máis altas, para afectar especialmente a Irlanda. Pero son os bordes desta borrasca os que deixarán unha situación moi inestable no país. Na noite do sábado ao domingo veremos unhas horas de vento forte do sur e chuvia intensa para despois entrar rapidamente o domingo á tarde na zona de aire frío que vén detrás, con apertura de claros e pouco vento.

Aquí podes descargar o aviso meteorolóxico amarelo de Meteogalicia

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro