A forte borrasca propia do inverno deixa no medio do outono unha pegada de incidentes en toda Galicia , provocados polas intensas nevaradas, a sarabia, un ‘tornado ‘ que arrasou o tendido eléctrico en Arteixo, caída de árbores, cortes de estradas e desvío de voos nos aeroportos galegos.
O suceso máis controvertido foi un suposto ‘tornado’ rexistrado en Arteixo , que non foi confirmado por Meteogalicia. Un veciño gravou imaxes que amosan o forte vento na localidade, donde se produciron caídas de árbores e cables da iluminación pública. Segundo informaron os bombeiros da localidade, o tornado iniciouse nas inmediacións da autovía AG-55, ao seu paso pola parroquia de Paiosaco , e avanzou ata a AC-552, onde provocou cortes de tráfico pola caída de árbores.
Publicidade
Unha árbore de grande porte caeu nos xardíns das Avenidas, no centro de Vigo.
Ademais de varias árbores, o tornado tamén provocou a caída do tendido eléctrico no lugar de Santaia de Arriba , tamén en Arteixo, sen que se rexistrasen danos persoais.
O 112 Galicia informou de que recibiu o aviso sobre as 11,45 horas, tras o que mobilizou á Policía Local, a Protección Civil de Arteixo e aos Bombeiros de Arteixo.
Publicidade
Unha riada de sarabia en Arteixo.
Tras o paso dunha fronte fría durante a noite, que provocou un notable descenso nos termómetros, Galicia sufriu durante todo o día o paso dunha intensa borrasca con aire xélido, ante o que se activou unha alerta vermella por fenómenos costeiros adversos en toda a comunidade. Houbo ademais avisos amarelos e laranxas por choivas intensas e por nevaradas nas montañas de Lugo e Ourense.
A neve en Campa da Braña, nos Ancares, onde se acumulou máis dun metro.
As ondas chegaron aos dez metros no litoral da Coruña, con 10,4 de alto en Cabo Vilán e 9,90 en Punta Langosteira , segundo os datos de Portos do Estado. A forza da borrasca chegou combinada coas mareas vivas, o que fixo que Proteción Civil activase unha alerta por perigo de asolagamentos na Coruña e nas Rías Baixas.
Houbo tamén problemas nas estradas, especialmente pola neve nas montañas de Ourense e Lugo . Houbo camións retidos na A-6 á altura de Gomeán e Pedrafita e cortes na A-52 en Zamora.
A ondada chegou aos 10 metros de altura na costa norte de Galicia.
Tamén se sucederon os voos desviados en Alvedro e Peinador. Un voo de Air Europa que viña de Madrid a Vigo non puido aterrar na cidade olívica polo mal tempo e volveu par a Madrid, segundo informou AENA. Na Coruña o voo de Vueling procedente de Barcelona, coa chegada prevista ás 11.15 horas, tivo que ser desviado a Lavacolla por mor dos fortes refachos de vento. A saída prevista dese avión cara á cidade condal realizouse desde o aeródromo santiagués. Outros dous voos foron tamén desviados nos aeroportos galegos.