Venres 8 Decembro 2023

Os Museos Científicos Coruñeses, como nunca os viches, en 360º

As imaxes forman parte da campaña para achegar a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae aos centros escolares

Coincidindo co comezo do curso escolar, os Museos Científicos Coruñeses poñen en marcha unha campaña para achegar aos centros educativos un completo programa de actividades, exposicións e contidos audiovisuais. Para dar a coñecer estas novidades, a institución está difundindo unhas imaxes nunca vistas antes: vídeos en 360º que permiten coñecer recunchos e perspectivas pouco coñecidas da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Para este curso que acaba de empezar, as principais novidades da oferta escolar nos museos inclúen a exposición da Domus sobre nutrición Bocados, que aborda os obxectivos de desenvolvemento sostible desde o sector da alimentación; o programa de Planetario Lévame á Lúa, na Casa das Ciencias, que conmemora o 50º aniversario da chegada do ser humano ao satélite; ou a exposición sobre a reprodución das especies acuáticas, Sexo azul, no Aquarium Finisterrae, que aborda as curiosidades sobre a reprodución dos organismos mariños.

Publicidade

Ademais, están programados numerosos obradoiros nas instalacións do Aquarium e no Laboratorio Aberto e a sala Maker da Domus, así como unha ampla oferta de sesións escolares no Planetario da Casa das Ciencias.

Os grupos escolares do municipio da Coruña poden reservar a visita de forma gratuíta. O resto de centros gozan de tarifas reducidas e mesmo dalgunhas oportunidades de acceso gratuíto ao longo do curso.

A información sobre as visitas escolares aos Museos Científicos Coruñeses pode consultarse nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario

Exposicións, obradoiros, rutas e premios: as outras actividades divulgativas de Gciencia

O portal da ciencia galega emprendeu ao largo da súa traxectoria numerosas actividades para sacar a divulgación á rúa

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde