As mellores fotografías de natureza de 2016, no Aquarium Finisterrae

Desde o luns 3 de xullo e ata o próximo 30 de outubro, a sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae acolle unha exposición coas fotografías do European Wildlife Photographer of the Year. Este certame premia ás mellores imaxes da natureza que amosan a beleza do planeta e a importancia de preservalo.

O certame, aberto a todos os fotógrafos, tanto afeccionados como profesionais, divídese en nove categorías: aves; mamíferos; outros animais; plantas e fungos; paisaxes; mundo submarino; home e natureza; natureza de estudo e novos fotógrafos.

Publicidade

Na edición de 2016, á que pertencen as imaxes expostas no Aquarium, presentáronse 18.000 fotografías de 38 países. 84 delas foron seleccionadas como finalistas en cada categoría. Entre elas hai imaxes de nove fotógrafos españois: tres deles gañadores nas categorías de paisaxes, natureza de estudo e fotógrafo menor de 14 anos.

A gañadora absoluta de 2016 foi “Respirando na noite polar”, de Audun Rikardsen (Noruega). O propio autor conta: “A principios de xaneiro, nun fiordo preto de Tromsø, no norte de Noruega, un barco de pesca arrastraba as súas redes mentres un grupo de orcas trataba de alimentarse. O frío extremo e a alta humidade crearon unha máxica bruma no mar. O meu barco, a miña cámara e ata eu mesmo estabamos cubertos de cristais de xeo, o que converteu a fotografía nun verdadeiro desafío. Tardei horas antes de lograr finalmente capturar a unha orca respirando na superficie do mar.”

Publicidade

Aquí podes ver a galería cas imaxes gañadoras no resto de categorías:

 

Máis información:

Exposición European Wildlife Photographer of the Year.

Aquarium Finisterrae (Sala Isabel Castelo).

Horario: Luns a venres de 10 a 20 horas. Sábados, domingos e festivos de 11 a 21 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:01:34

O delicado proceso da captura da sardiña: así se trasladan ao Aquarium Finisterrae

O acuario coruñés comparte un vídeo divulgativo para que os usuarios comprendan como é a recolección no mar desta especie e o seu coidadoso traslado ás instalacións

O gabinete do Capitán Nemo máis espectacular, no Aquarium da Coruña

Un vídeo feito polos traballadores do Aquarium Finisterrae amosa a Sala Nautilus dende a perspectiva dos peixes que nadan ao seu redor

Dende 26 ata 15 anos: as nove focas do Aquarium que están de aniversario

A meirande parte de exemplares do museo coruñés sopra as velas entre o 2 e o 10 de xullo, datas que coinciden co seu ciclo reprodutivo

Visita guiada no Aquarium polo Día Internacional da Diversidade Biolóxica

O persoal educador do centro coruñés guiará aos visitantes nunha experiencia que terá a biodiversidade mariña como tema principal