Un meteorito, un fósil de dinosauro e unha nave soviética na Casa das Ciencias

A Casa das Ciencias  vén de presentar a exposición “A astronomía, como cha contan” un proxecto financiado pola Fecyt que amosa a visión que ofrecen desta ciencia os medios de comunicación, subliñando a importancia da divulgación científica para a propagación do coñecemento.

O obxectivo da exposición é responder ás preguntas sobre a ciencia que xorden nos medios. A idea central é que a ciencia avanza tan rápido e en tantas frontes que é preciso manterse informado a través dos medios e das redes sociais. Con todo, como estes medios non sempre están enfocados cara a aprendizaxe, cómpre coñecer as chaves do seu funcionamento para poder aproveitar os seus contidos. A través desta mostra, ofrécese ao público un medio para coñecer e explorar as novidades científicas dun xeito comprensible e entretido.

Publicidade

Hai xogos interactivos, como unha pista de baile iluminada por raios cósmicos

Nesta ocasión, a protagonista é a astronomía e a exploración espacial, un dos eidos que máis cautiva ao público atraído pola ciencia. A información distribúese en seis grandes ámbitos: a exploración do Sistema Solar, os confíns do universo, o descubrimento de planetas extrasolares, a contaminación lumínica, a vida dos astronautas e a importancia dos satélites que observan a Terra. Cada un destes espazos vai acompañado por obxectos, elementos interactivos, audiovisuais, paneis gráficos e exemplos de noticias analizadas desde unha perspectiva crítica.

Entre os elementos máis destacados, os visitantes poderán gozar dunha pista de baile iluminada por raios cósmicos, un fotomatón de luz infravermella ou un xerador de paisaxes planetarias por realidade virtual. Ademais, pódense observar obxectos tan destacables como un fósil de dinosauro de hai 65 millóns de anos, un meteorito, fragmentos de paneis solares orixinais do telescopio Hubble ou unha peza dunha nave espacial soviética que en 1965 caeu no sur de España.

Publicidade

Os obxectos foron cedidos por varias institucións científicas, como as universidades de Vigo e Santiago, o Museu de la Conca Dellà de Lleida, a Axencia Espacial Europea ou o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns