O Aquarium Finisterrae celebra talleres experimentais sobre a vida mariña

Serán o sábado 1 de abril en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas

UDCiencia d+i, grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, organiza para o sábado 1 de abril varios talleres experimentais sobre a vida mariña atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña.

Será unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos, xogos e actividades. Son os seguintes:

Publicidade

  • Os peixes: farase unha disección dun peixe para dar resposta a estas preguntas: como se adaptan os peixes peláxicos para vivir na columna de auga?, cales son esas adaptacións?, nadan?, flotan?
  • Os cefalópodos: estes moluscos desenvolveron características biolóxicas que os fan particularmente interesantes: non teñen cuncha externa, son capaces de camuflarse, teñen unha visión moi ben deseñada, e un patrón de pigmentación moi variado. A través da disección dun destes animais explicaranse todas estas características. 
  • As pegadas da vida: os seres vivos ás veces deixan evidencias físicas ou químicas do seu paso pola vida. Explicarase como se forman estas pegadas e faranse réplicas dalgúns dos fósiles coñecidos analizando e observando as súas características anatómicas e biolóxicas.
  • Baixo presión!: o concepto de presión é fundamental para entender moitos procesos naturais e tecnolóxicos. Presentaranse experimentos nos que se xogará coa presión atmosférica ou hidrostática para transvasar ou aspirar auga ou accionar pontes levadizos.

A participación nos talleres será libre para todas as persoas que visiten o Aquarium Finisterrae abonando a entrada correspondente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas

Os Museos Científicos Coruñeses celebran este sábado unha xornada de portas abertas

A Casa das Ciencias, o Aquarium Finisterrae e a Domus festexan o Día dos Museos con entrada libre e gratuíta ás súas salas e actividades
00:00:45

O Aquarium Finisterrae incorpora dous tiburóns á sala Nautilus

Os exemplares foron cedidos como parte dun programa de conservación e cría en catividade desta especie no que colabora o acuario coruñés