A Domus prepara unha “escape room” científica para o Nadal

A actividade, dirixida a maiores de sete anos, celebrarase en seis tardes de finais de decembro e comezos de xaneiro

Os Museos Científicos Coruñeses organizan, para as vacacións de Nadal, unha actividade dirixida a todos os públicos e inspirada nas “escape rooms” que acadaron sona nos últimos anos. Baixo o nome de “Misión Secreta”, as persoas participantes terán que atopar pistas ocultas ou resolver situacións inesperadas para conseguir finalizar a misión nun tempo límite.  O obxectivo é atopar e salvar unha información crucial oculta no almacén do museo antes de que a atope unha fábrica secreta de replicantes.

A actividade, con 12 prazas por sesión, está dirixida a público familiar, con nenos e nenas a partir de 7 anos (sesións ás 17 e 18 h), que deben participar en compañía dunha persoa adulta, e terá lugar os días 21, 22, 28, 29 decembro de 2019 e o 3 e 4 de xaneiro de 2020.

Publicidade

Para participar é necesario preinscribirse este venres 13 de decembro a partir das 10 da mañá a través do formulario electrónico dispoñible nesta ligazón (en cada preinscrición poderán incluírse un máximo de 2 persoas). A actividade é gratuíta, debendo abonar só a entada correspondente ao museo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cartas de Alejandra Murguía revelan novos aspectos da vida de Rosalía de Castro e Manuel Murguía

A USC publica o epistolario que a primoxénita no matrimonio mantivo con Ángela Santamarina entre 1916 e 1925

Que facer cos residuos orgánicos? Así funciona o contedor marrón de Vigo

O Concello, en colaboración con FCC Medio Ambiente, impulsa a separación do lixo para transformalo nun fertilizante natural

Par ou impar: unha soa molécula dunha cadea cuántica determina a interacción cun supercondutor

A investigación publicouse na prestixiosa revista 'Nature' e xorde dunha colaboración entre o CiQUS da USC e CIC nanoGUNE

O Foro de Empresas Innovadoras recoñece a Unirisco polos seus 25 anos de apoio á transferencia

Dende a súa creación en 2001, contribuíu a levar máis de 40 proxectos científicos ao ámbito comercial, impulsando a colaboración entre universidade e empresa