Xoves 28 Marzo 2024

A Domus organiza un club de ciencia para escolares pioneiro en Europa

Os Museos Científicos Coruñeses acollen un proxecto en colaboración coa California Academy of Science, dirixido a mozas e mozos de 10 a 14 anos

A partir do 21 de outubro, e ata xuño de 2021, os Museos Científicos Coruñeses organizarán o Science Action Club, unha iniciativa impulsada desde a California Academy of Science e que chegará a Europa por primeira vez a través da Coruña. O Science Action Club “busca mellorar a calidade e cantidade de oportunidades de aprendizaxe en ciencia e medio ambiente dirixida á mocidade fóra da aula” un club de ciencia cidadá para explorar a natureza, aprender ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM) e espertar a curiosidade na mocidade.

Este mércores 14 ás 20 horas pecha o prazo de inscrición no proxecto, dirixido a mozas e mozos de 10 a 14 anos, e no caso de superar a oferta, realizarase un sorteo público para adxudicar as prazas.

Publicidade

 

A iniciativa extraescolar inclúe tres bloques nos que se organizarán as actividades e experiencias: Exploradores de aves, Safari de bichos e Buscadores de nubes. En América do Norte ten unha ampla traxectoria, cunha participación anual de máis de 400 escolas, museos, bibliotecas, campamentos de verán e outras organizacións. Agora, Science Action Club chega a Europa por primeira vez da man dos Museos Científicos Coruñeses.

O club de ciencia está dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO. As sesións, que comezarán o 21 de outubro, desenvolverase na Domus en dúas quendas, con nove prazas cada unha: os mércores de 16.30 a 18.00 horas, por unha banda, e os xoves de 16.30 a 18.00 horas, por outra. O prezo da actividade é de 29,09 euros.

Unha vez que finalice o proceso de solicitude de praza e se superan as solicitudes á oferta en cada unha das quendas, realizarase un sorteo público (o 16 de outubro) para adxudicar 9 prazas en cada quenda. Todas as actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias no marco da pandemia da Covid-19.


A preinscrición pode realizarse ata este mércores nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

PÓDCAST | A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo

O investigador da UDC Francisco Bellas analiza no sexto episodio de O Descodificador o impacto do cambio tecnolóxico na educación

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias festexa 30 anos de coñecemento compartido

O seu presidente, Julio Casal, reivindica o compromiso coa divulgación científica para achegar información de calidade á sociedade

O proxecto MEDRA fomenta a investigación en física de partículas entre o alumnado de bacharelato

O IGFAE acolleu a presentación dos traballos realizados por decenas de estudantes na súa primeira experiencia investigadora