Unha balea en San Cibrao

Unha balea converteuse esta semana en toda unha atracción para os mariñeiros fronte ao faro de San Cibrao, en Cervo (Lugo). O vídeo foi difundido polo propio Concello de Cervo. E foi alertada a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), aínda que a presenza de baleas na costa galega non é un feito illado.

Noutros tempos, era moi habitual atopar na costa de Galicia estes xigantes. De feito, moi preto de San Cibrao, no municipio de Xove, houbo unha factoría baleeira, contruida por Massó Hermanos, que operou na segunda metade do século XX.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Especie vulnerable ou en perigo crítico? Un documental analiza a situación da candorca ibérica

O proxecto, no que participa a CEMMA, achega a visión de diferentes expertos sobre as interaccións cos cetáceos e incide en que non deben considerarse ataques

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal