O IEO amosa os segredos do mar aos máis cativos

O Centro Oceanográfico de Vigo (IEO) conmemora os seus 100 anos de historia. Naceu en 1917, cando a crise da sardiña chegaba ás rías galegas. E continúan a celebrar o seu aniversario no museo do MARCO de Vigo, compartindo con pequenos e maiores o seu traballo.

O obxectivo de “Viaxe ó Centro do Oceanográfico” é “mostrar á poboación as tarefas que desenvolvemos na investigación pesqueira e investigación mariña no Centro Oceanográfico de Vigo. Co gallo do noso centenario, o que fixemos foi traer o centro de forma representativa en forma de minilaboratorios ao Marco”, explica a bióloga do IEO na área de pesquería, María Sainza. “Queremos amosar aos escolares, e á poboación en xeral, que tipo de traballo desenvolvemos e que saídas ten o noso traballo nunha cidade tan mariñeira como é Vigo”.

Publicidade

Alumnos de Primaria observan as curiosidades do mar
Alumnos de Primaria observan as curiosidades do mar

Existe unha gran ignorancia da poboación sobre as funcións deste instituto: “hai un gran descoñecemento do traballo que se desenvolve no centro. A xente que vén queda moi sorprendida das cousas que facemos, descobren o mar, tan cercano aquí e que, non obstante, é un gran descoñecido para unha gran parte de poboación. Facelo no MARCO supón achegarse a un maior número de persoas que, moitas delas, descoñecen a existencia do IEO” asegura a bióloga. A súa actual directora, Victoria Besada, e varios investigadores do centro, participan nestes obradoiros.

O centro está situado no Cabo Estai-Canido e consta de dous edificios: un principal e un módulo de experiencias biolóxicas, dedicado principalmente á investigación sobre o cultivo dos peixes. Grazas á súa labor, ofrecen información clave para a sostenibilidade mariña e o seu coidado.

Publicidade

Nos seus obradoiros, o público terá a oportunidade de ver os ecosistemas mariños, a acuicultura, a pesca, a oceanografía e a contaminación. O que máis chama a atención da exposición é “todo o que sexa ver polo microscopio as curiosidades dos peixes” di Sainza.

A entrada á exposición é libre e apta para todos os públicos, dende os máis pequenos ata os máis maiores. Os cativos teñen a posibilidade de resolver todas as súas inquedanzas cunha perspectiva diferente do mar, descubrindo todo o que lle rodea. Pola súa parte, os adultos poden atopar respostas a todas as súas dúbidas dunha forma máis interactiva.

Os minilaboratorios estarán abertos ata o vindeiro 29 de abril de martes a xoves e os sábados pola mañá. Os horarios para as visitas de Educación Primaria son de 10:30 a 13:30; e para o público xeral de 17:30 a 20:30h, excepto os sábados que o seu horario é de 10:30 a 13:30.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Un estudo alerta do declive de catro peixes migratorios en Galicia: “Ningunha das súas pesquerías é sostible”

Unha investigación recolle datos de 1997 a 2026 e certifica a drástica caída das poboacións de zamborca, lamprea, solla e anguía

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas