O sábado acabamos con todo o peixe de 2018

España é o segundo país de Europa que máis peixe consome (45,2 kg per cápita ao ano) só por detrás de Portugal (55,9). Así, aínda coa gran importancia que ten a frota pesqueira española, non conseguimos cubrir sequera o 50% da demanda. Por tanto, o pasado sábado, 26 de maio, acabamos con todo o peixe que van pescar os nosos barcos en 2018.

Así o indica a New Economics Foundation (NEF), entidade que elabora todos os anos o informe Fish Dependence Day (Día da Dependencia do Peixe) co que pretende poñer sobre a mesa a sobreexplotación dos recursos pesqueiros. “Mentras a Unión Europea produce 11 quilos de peixe per cápita cada ano, esta cantidade queda lonxe dos 23 quilos de media no consumo anual per cápita da Unión Europea”, explica o informe. Así, aínda co elevado volume de capturas da frota española, tanto en augas nacionais como noutros caladoiros, o peixe non nos chega e temos que recorrer á importación.

Publicidade

O conxunto da UE consome de media 23 quilos/per cápita ao ano, pero só produce 11

Esta dependencia do exterior ten dúas razóns: por unha banda, o aumento do consumo deste alimento e, pola outra, o empobrecemento dos caladoiros europeos, o que obriga tamén ás propias frotas comunitarias a buscar bancos máis afastados.

Nos últimos decenios, a dependencia española do peixe de importación moveuse entre os meses de maio e xuño, sen chegar en ningún momento ao 50% de autosuficiencia. No total comunitario, o Día da Dependencia do Peixe sitúase, segundo as estimacións da New Economics Foundation, o 9 de xullo, “o que indica que a UE pesca en augas alleas case a metade do peixe que consume cada ano”. Hai casos nos que esta data xa se cumpre en xaneiro, como Austria, Eslovaquia ou Eslovenia, países sen acceso a augas comunitarias. Porén, países cun gran volume de frota pesqueira, como Italia, Alemania, Francia ou Portugal, acaban co seu abastecemento incluso antes ca España (6 de abril e 4, 5 e 21 de maio, respectivamente).

Publicidade

Esta dependencia das importacións sería incluso maior de non contabilizar a acuicultura. A entidade autora do informe sinala que os países con maior importancia do sector acuícola, “os seus respectivos ‘días nacionais da dependencia do peixe’ terían acontencido meses antes” de non ser pola cría de produtos pesqueiros en catividade. No caso de España, de excluír a acuicultura, os consumidores terían xa absorbido todo o peixe capturado o día 26 de marzo, dous meses antes.

Os datos recollidos no informe abren unha reflexión sobre a importancia de manter un nivel sustentable de capturas, polo que a entidade fai un chamamento ás autoridades para que insistan na adopción de políticas a prol dunha maior sustentabilidade dos bancos pesqueiros.

Podes descargar aquí o informe completo da New Economics Foundation.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A xouba capturada de forma artesanal, un manxar tan saudable como sostible

A sardiña é unha fonte portentosa de ácido graxo omega-3, un composto clave pola súa actividade biolóxica a nivel estrutural, metabólico e cardiovascular. Por Gumersindo Feijoo Costa / USC

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

A crise da sardiña en Galicia: cae un 90% en 30 anos

O "stock" do Atlántico sufriu un pronunciado descenso na cantidade da súa biomasa debido ao cambio climático e o consecuente quentamento das augas, entre outros factores