Publicidade

Berete, a innovación de non transformar os alimentos

Felipe Velasco, o director desta comercializadora de produtos do mar, sinala que a maior I+E da empresa é a aposta polo alimento natural

Berete é unha empresa adicada á elaboración e comercialización ao por maior de produtos do mar conxelados. Naceu en 2004, e, case vinte anos despois, lembra así seu propósito inicial: “A nosa maior I+E é preservar o peixe coa calidade coa que o crea o mar”, explica o director de Berete, Felipe Velasco. Garantizar unha alimentación sostible e de calidade é a premisa desta comercializadora que, nestes momentos, está a apostar pola dixitalización para gañar en precisión nos procesos e un maior control sobre os datos e as analíticas para a toma de decisións.

En primeiro lugar, Velasco apunta que Berete salienta por “non usar aditivos alimentarios aínda que estean permitidos”. “Non somos transformadores de alimento, intentamos preservar a calidade do peixe tal e como vén do mar”, engade. Para el isto é innovación, apostar pola orixe do produto de mares fríos e limpos. O seu peixe conxélase tan pronto se pesca, preservando intactas as súas propiedades nutritivas e organolépticas. O equipo avalía continuamente os proveedores e produtos, cun equipo profesional que controla todos os aspectos legais e de seguridade alimentaria do produto.

Publicidade

Para facilitar a operativa diaria e a disposición de información, Berete emprega Iristrace, un software que utiliza o equipo de inspeccións para a creación dos informes de produto e alertar, de forma automática, aos departamentos de Calidade e Compras de calquer desviación respecto aos estándares de calidade e seguridade alimentaria. Para o sistema de planificación de recursos empresariais, Berete traballa con Bussines Central e Power BI para a visualización de datos a partir de informes coa información que interesa analizar periodicamente.

Desmontando mitos sobre o peixe

Felipe Velasco, director de Berete.

Unha plataforma comercial, creada a medida, permite aos traballadores de Berete visualizar o stock e lanzar ofertas e tarifas comerciais, así como a xestión de pedidos de venda, ofrecendo a firma dixital. Non poderían faltar, tampouco, as ferramentas de comunicación dixital para poñer en valor os produtos do mar, con seccións como #opeixeéorei, que profunda en diferentes especies, ou #bereteinforma, que verifica ou desminte algúns dos mitos que hai sobre o peixe ou os produtos conxelados.

Publicidade

Berete naceu no ano 2004 en Vigo grazas ao préstamo dos sogros dun dos tres socios, que hipotecaron a súa casa para que se puidesen construír os cimentos da empresa. A comercialización foi a primeira actividade, centrando os esforzos no control do produto e na flexibilidade de axustarse ás especificacións dos clientes. Isto supuxo adquirir unha importante rede de proveedores (nacionais e internacionais) ao tempo que se deseñou un estrito Sistema de Calidade e Seguridade Alimentaria (SGCSA) no que se invirten esforzos constantemente.

Co tempo, Berete abriu unha oficina comercial en Portugal e comezou a facer elaboracións de produto. Actualmente, ademais de peticións concretas de clientes, teñen unha liña de produtos elaborados formada por tentáculos, potón (un cefalópodo que se pesca en Chile e Perú e que se coñece tamén como calamar xigante) e toros de peixes como a merluza, a quenlla, a rosada, o escarapote e o salmón salvaxe de Alaska.

Os principais mercados de Berete son España e Portugal, onde teñen dúas oficinas (Vigo e Guimarães) pero comercializan en cerca de 30 países. No que levamos de 2023, a comercializadora considera que o seu top 5 o completarían Rumanía, Polonia e Chipre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que comen as baleas galegas? Isto revela un novo estudo

Un estudo da Universidade de Aveiro e de centros de investigación de Galicia apunta a que os rorcuais consomen ata 67 quilogramos de peixe ao día

Como fomenta Galicia o emprendemento rural a través dun proxecto europeo

Feuga formou parte da iniciativa que reuniu a 158 grupos de interese de España, Países Baixos, Malta e Turquía

Tecnoloxía da UVigo para garantir o benestar dos peixes de acuicultura antes do sacrificio

O proxecto, en colaboración co Cetga, busca mellorar as técnicas de atordamento nos linguados para conseguir unhas técnicas máis éticas

O crecemento industrial en Galicia será superior ao de España en 2025

O sector da agricultura e pesca galegas mostran unha mellor evolución que a media española, mántendose no tempo con taxas uniformes