Demostran a relevancia dos microbios en toda a cadea trófica mariña

Un estudo no que participa o investigador Antonio Bode, do IEO da Coruña, abre a porta a unha revisión das posicións tróficas dos organismos mariños

A importancia da microbiota mariña no funcionamento das redes alimentarias dos océanos xa estaba ben establecida. Porén, a verdadeira relevancia na dieta dos prinicipais consumidores da cadea trófica aínda é escasamente coñecida. As grandes diferenzas nos tamaño dos individuos, e consecuentemente, as taxas de crecemento e as escalas temporais e espaciais que están implicadas nestas redes dificultan a integración de microorganismos e os grandes animais no marco dunha rede alimentaria común. Neste sentido, un equipo de investigadores mariños, entre os que está o científico do Oceanográfico da Coruña Antonio Bode, desenvolveu unha pescuda que publica esta semana a revista Scientific Reports, do grupo Nature.

Nel, Bode, xunto a M. Pilar Olivar (Institut de Ciències del Mar-CSIC de Barcelona) e Santiago Hernández León (Instituto de Oceanografía y Cambio Global da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria-CSIC), cuantificou por primeira vez a influencia do sistema trófico microbiano en 13 especies de pequenos peixes, demostrando a súa importancia.

Publicidade

Para isto, os científicos aplicaron técnicas de análises de isótopos estables de nitróxeno en aminoácidos obtidos de peces do micronecton (peces de pequeno tamaño que son o principal alimento de peixes de maior tamaño, moitos deles explotados comercialmente) capturados durante unha expedición no Atlántico central, desde Canarias a Islandia.

Durante moito tempo entendéronse as redes tróficas oceánicas como dous sistemas diferenciados: un subsistema que comprende aos produtores primarios -fundamentalmente microalgas no caso dos océanos- e aos organismos herbívoros e carnívoros que sucesivamente se alimentan uns doutros, e outro subsistema composto polos microbios que reciclan a materia orgánica.

Publicidade

Ata o de agora, considerábase que ambos os subsistemas estaban relacionados principalmente pola influencia destes microbios sobre os produtores primarios, xa que poñen á súa disposición nutrientes resultado da remineralización da materia orgánica. Con todo, a influencia dos microbios en niveis superiores da cadea trófica considerábase moi reducida.

As análises realizadas neste estudo permiten saber a orixe da materia orgánica analizada e cuantificar a posición trófica do organismo analizado, é dicir, se a súa dieta é máis herbívora ou máis carnívora. Desta forma estimouse que os microbios contribúen ata nun 25% na definición da posición trófica destes peixes. Ademais, o traballo demostra que as estimacións de posición trófica obtidas por este método achéganse ás determinadas a partir da análise das súas dietas moito máis que as estimacións publicadas ata a data.

“Esta investigación abre a porta a unha revisión das posicións tróficas coñecidas de todos os organismos mariños, permitindo a monitoraxe do ecosistema mediante a aplicación de indicadores de funcionamento máis precisos”, explica Antonio Bode.

Ademais, os resultados do traballo indican que unha parte da dieta dos peixes que habitan a zona batipeláxica da columna de auga (entre 1000 e 2000 m) consiste en agregados de detritus. “Nestes hábitats empobrecidos tróficamente, onde non hai produción primaria e as concentracións de zooplancton son baixas, a chamada ‘neve mariña’ apúntase como un recurso trófico que complementa a dieta dos peixes batipelágicos”, apunta Pilar Olivar, investigadora do ICM-CSIC e coautora do traballo.


Referencia: Trophic indices for micronektonic fishes reveal their dependence on the microbial system in the North Atlantic (Publicado en Scientific Reports).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Que nos di a escuma do mar da saúde das praias?

O fenómeno xérase pola axitación producida pola forza das ondas e dos ventos que, ao combinarse coa materia orgánica disolta, forma unha dispersión de auga e burbullas de aire. Por Gumersindo Feijoo Costa

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas