Luís Muxía volve a ‘casa’ despois da súa recuperación

Case 40 días despois de que fose atopado no porto de Muxía, o lobo mariño ‘Luís Muxía’ partiu onte a bordo do buque Patricia Marta rumbo ás costas de Irlanda, onde será liberado para continuar a súa vida. O barco saíu onte do porto de Bouzas, en Vigo, e ao chegar á zona indicada, deixará a Luis Muxía no mar.

Luís Muxía foi internado nun primeiro momento na UCI da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) en Nigrán. Aínda que os lobos mariños que aparecen na costa adoitan chegar debilitados, chegou en aparente bo estado. Porén, durante a súa recuperación tivo que facer fronte, segundo informou a Cemma, a unha “afección parasitaria severa pulmonar e dixestiva”. Con todo, experimentou unha evolución favorable. Por isto, foi trasladado ao Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), na Illa de Arousa, dependente da Xunta de Galicia, onde recuperou peso, ata acadar os 33 quilos de peso.

Publicidade

Guardesiña comezou este xoves a segunda fase da súa recuperación

Outro dos lobos mariños rescatados este ano foi Guardesiña, unha femia que apareceu o 14 de xaneiro no porto da Guarda. A súa situación era máis complicada, xa que estaba moi esgotada, con síntomas de desnutrición e deshidratación e problemas respiratorios, polo que a súa recuperación está sendo máis lenta. Precisamente o día no que foi liberado Luis Muxía, Guardesiña foi trasladada desde a UCI de Nigrán ao Igafa, onde se espera que permaneza unhas catro semanas.

Estas actuacións forman parte da colaboración que desde 2003 manteñen a Xunta e a Cemma, para atender aos mamíferos mariños que chegan ás costas galegas en mal estado. Precisamente, cos últimos temporais, a Cemma está rexistrando varamentos masivos, ao ritmo de tres ao día. Son, sobre todo, cetáceos que aparecen xa mortos na costa. Son, sobre todo, golfiños comúns (Delphinus delphi), pero tamén algún arroaz boto (Tursiops truncatus), golfiños riscados (Stenella coeruleoalba), e ata un cachalote(Physeter macrocephalus) que apareceu, xa bastante descomposto, na praia da Lanzada.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'

Un estudo pioneiro desvela como responden as aves ao primeiro megaincendio rexistrado en Galicia

A intensidade das lapas reduciu a diversidade, mentres que a presenza de áreas con distinto nivel de afectación favoreceu a recuperación ecolóxica

‘Mozarrón’ e ‘Pega’, as tartarugas que regresan ao mar tras chegar desnutridas ás costas galegas

A CEMMA devolve ao océano dous espécimes de 'Caretta caretta' despois dunha rehabilitación en augas de 18 a 20 graos