Os produtos de limpeza das bateas afectan ao organismo dos mexillóns

O investigador Vladimir Dobal expón nunha tese que estes compostos inducen alteracións nos sistemas respiratorio, dixestivo e reprodutor

Nas rías galegas hai arredor de 3.400 bateas, o que converte o cultivo do mexillón dunha das principais activades económicas da comunidade. Isto supón que o sector e a administración pública exercen un importante control de calidade tanto sobre a produtividade do cultivo como sobre a súa calidade e a seguridade alimentaria. Porén, existe un factor pouco estudado, como é o impacto contaminante dos produtos empregados para a limpeza e impermeabilización das bateas, temática na que centrou a súa tese o investigador Vladimir Dobal.

Ao abeiro do programa de doutoramento Do*Mar, Dobal alerta de que este proceso de limpeza adoita realizarse in situ e empregando unha “mestura de composición arbitraria, baseada en alcatráns e diésel queimado”. Explica que se coñece moi pouco sobre o “impacto contaminante destes tratamentos na contorna inmediata da batea, así como sobre o seu efecto sobre a morfoloxía, citoloxía, histoloxía, fisioloxía, bioquímica ou o metabolismo do molusco”.

Publicidade

Vladimir Dobal. Foto: Duvi.
Vladimir Dobal. Foto: Duvi.

O seu estudo baseouse en analizar os efectos histolóxicos e histopatolóxicos provocados en branquias, glándula dixestiva e o manto-gónada de Mytilus galloprovincialis. Por outra banda, tamén estudou a capacidade de desintoxicación deste molusco e as rutas metabólicas implicadas, así como a participación de cada tecido neste proceso e analizou a resposta do proteoma do manto de M. galloprovincialis con vistas a arroxar luz sobre os mecanismos moleculares afectados pola exposición á mestura de alcatráns usados nesta limpeza.

Os efectos do alcatráns nos mexillóns

A súa investigación presenta varias conclusións, a primeira delas constata que “a exposición á mestura de alcatráns induce varias alteracións nos sistemas respiratorio, dixestivo e reprodutor de M. galloprovincialis, que aumentan coa dose e o tempo de exposición, o que suxire un efecto acumulativo tóxico desta mestura”. Neste sentido, Vladimir Dobal destaca que “queda probado que tanto as branquias como a glándula dixestiva e o manto son órganos necesarios no mecanismo de desintoxicación de xenobióticos de M. galloprovincialis”.

Publicidade

Ante estes datos, o investigador propón na súa tese unha batería de encimas como potenciais biomarcadores de contaminación por mesturas de hidrocarburos e metais pesados en ambientes mariños, principalmente en áreas de acuicultura, aínda que a análise no ambiente natural será necesaria para confirmalo”. Ademais, no seu estudo identificáronse 132 proteínas con relevancia biolóxica en resposta á intoxicación por alcatrán, “o que fai necesario, como continuación deste traballo, a validación das mesmas como potenciais biomarcadores de exposición”, engade o científico. Finalmente, e pola súa relevancia funcional, Dobal propón a indución de tres proteínas implicadas nos procesos de morte celular programada (proteínas RAS) e na fertilización (vitelline coat lysin/vitelline envelope receptor for lysin) como posibles biomarcadores dos efectos nocivos do alcatrán sobre a reprodución do mexillón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O xenoma dunha planta galega revela as claves da hiperacumulación de níquel

Unha investigación na que participa a UVigo explora os xenes implicados na concentración extrema de metais nas especies vexetais

Un novo produto permite reducir as emisións contaminantes nas explotacións gandeiras

Investigadores da UVigo desenvolven un 'biochar' de alta flotabilidade elaborado con residuos forestais que actúa como filtro sobre as fosas de xurro

O vídeo que amosa os efectos da vertedura de aceite de palma nas praias da ría de Vigo

Novas imaxes obtidas no Morrazo documentan a retirada de toneladas de area contaminada, mentres persisten os riscos para o ecosistema mariño e a industria mexilloeira

Aceite de palma na ría: calma oficial, ciencia ausente

O investigador do IIM-CSIC Antonio Figueras advirte do impacto físico e biolóxico do produto no ecosistema mariño