Un laboratorio de Vigo asume o control das biotoxinas mariñas en toda a UE

Desde o 1 de xaneiro, o centro situado no campus de Vigo encárgase da clasificación e control europeo das áreas de produción de moluscos bivalvos

O Laboratorio Europeo e Nacional de Referencia de Biotoxinas Mariñas de Vigo, que conta co asesoramento científico e técnico da universidade e está xestionado pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), realiza desde o pasado 1 de xaneiro a clasificación e control europeo das áreas de produción de moluscos bivalvos, e desde a mesma data converteuse tamén en laboratorio de referencia da UE para o control de biotoxinas marinas.

As novas tarefas, que se engaden ás funcións encomendadas con anterioridade sobre metodoloxía e análise de biotoxinas mariñas, converten a este laboratorio nunha nova punta de lanza da investigación no sector en Galicia, que xa conta con organismos de referencia internacional, como o Intecmar, na análise técnica e sanitaria do medio mariño e os produtos do mar.

Publicidade

O centro, situado na Cidade Tecnolóxica (Citexvi) do campus da UVigo, foi visitado o luns pola ministra de Sanidade, Consumo e Benestar, María Luisa Carcedo. No percorrido polo laboratorio, a ministra explicou que agora tamén se elaboran en Vigo as guías para harmonizar métodos de clasificación de zonas de produción.

Despois do Brexit

Publicidade

Estas tarefas eran realizadas ata agora polo laboratorio de referencia para o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos de moluscos bivalvos, ubicado no Reino Unido. Porén, debido ao Brexit, as funcións deste laboratorio foron distribuídas entre varios centros de análise na Unión Europea, segundo explica o Ministerio de Sanidade.

Un dos elixidos foi o de Vigo, “dada a alta consideración que a Comisión Europea ten neste laboratorio xestionado pola AESAN”, segundo o Goberno español. Alén desta tarefa a nivel comunitario, o centro vigués é tamén referencia nacional na análise de biotoxinas mariñas, “exercendo un labor de coordinación das actividades dos laboratorios oficiais de control designados en España, a fin de harmonizar e mellorar os métodos de análise, ensaio ou diagnóstico”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro