Dous documentais galegos compiten en San Sebastián nos ‘Goyas’ do mar

Dous documentales galegos competirán por facerse cos ‘Goyas’ do cine submarino no Festival de San Sebastián CIMASUB, que fará públicos esta semana os seus galardóns. Os vídeos ‘Mareas Vermellas’ e ‘SyngDOC’ entran en concurso xunto con traballos de varios países europeos, ademais de Canadá, Colombia ou México.

O documental ‘Mareas Vermellas’ está dirixido por  Manuel García Blanco (IIM-CSIC) e por Jorge Hernández Urcera (IEO), e xa recibiu unha mención honorífica no Premio Prismas 2017 na categoría de audiovisuais sobre ciencia. Foi cofinanciado pola Fundación Española de Ciencia y Tecnología (Fecyt) e BioImaxe e recibiu o apoio do IEO.

Publicidade

O audiovisual, producido por Bioimaxe, amosa a relación existente entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsable da presenza de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables de detección e de métodos de análises exhaustivas que consigan a prevención ou detección temperá destes episodios tóxicos.

“SyngDoc: O mundo secreto dos Signátidos” adéntrase no mundo dos cabaliños de mar co financiamento da Axencia Estatal CSIC e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

Publicidade

“Pretendemos que a difusión do documental sexa o máis ampla posible e dirixida a calquera tipo de público. Para iso, estará dispoñible en varios idiomas e contará con subtítulos e adaptación para discapacitados auditivos. Está previsto que a estrea oficial sexa a finais de novembro en Vigo e pretendemos celebrar diversos actos e coloquios sobre o seu contido, en colaboración con diferentes institucións, así como a súa difusión en canles de televisión”, explica Miquel Planas Oliver, científico do IIM-CSIC.

Os candidatos galegos a estes premios xa acumulan numerosos galardóns previos con outros traballos. Así Jorge Candan conta con tres Barandillas de Oro, que obtivo de xeito consecutivo en 2013, 2014 y 2015 con “Mar de un bosque encantado”, “Esencia de las mareas” e “El legado de las rías gallegas”, estes dos últimos patrocinados pola conserveira gallega Frinsa.

José Irisarri también obtivo o primeiro premio no 2011 por “O mar do fin do mundo” e Manuel E. Garci y Jorge H. Urcera (Bioimaxe) lograron a Barandilla de Prata con “O choco de Redondela” tamén no Festival de Donostia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira

De Vigo a Xapón para estudar novas estratexias naturais contra as mareas vermellas

A investigadora Rocío Blanca Sújar explora o potencial das macroalgas no control tóxico das proliferacións de algas nocivas
00:04:36

Dúas producións audiovisuais amosan a vida de cetáceos nas Rías Baixas

Unha das historias, narradas polo documentalista vigués José Isarri, fala da recuperación progresiva da segunda especie máis grande do planeta en augas galegas

Como eramos hai 100 anos? Esta é a primeira longametraxe documental rodada en Galicia

A Deputación da Coruña recupera e presenta a única película da posguerra datada do ano 1929 no Museo do Pobo Galego