Xoves 28 Marzo 2024

Jorge Mira, premio Prismas especial do xurado

O xurado dos premios Prismas, organizados polos Museos Científicos Coruñeses e o Concello da Coruña, deu a coñecer o pasado venres a resolución da XXX edición dos Premios Prismas á divulgación científica, que recoñecer o traballo a prol da transmisión da cultura científica á sociedade en sete categorías.

O galardón Especial do Xurado foi para Jorge Mira Pérez, catedrático de Electromagnetismo da USC. Recoñeceuse “a súa contribución á divulgación da ciencia e o seu estímulo á aprendizaxe da mocidade e a promoción da cultura científica, manexando todo tipo de formatos divulgativos, sacando o coñecemento científico á rúa”.

Publicidade

O xurado estivo presidido polo catedrático Ángel Carracedo

Outra galega, Deborah García Bello, recibiu o premio ao mellor libro por Todo es cuestión de química, publicado pola editorial Paidós. Amais, o mellor traballo en vídeo recaeu nunha reportaxe de La 2 de TVE sobre as Fragas do Eume, realizado por Carme Nicolás, Manuel Muñoz e Pere Figuerola.

O xurado tamén recoñeceu outras catro categorías. O Prismas ao mellor sitio web foi para Ciencia de sofá, de Jordi Pereyra Marí; o mellor texto inédito, realizado por Jorge Gutiérrez Bolívar, foi Hai unha muller no meu experimento! Unha viaxe coas grandes científicas da historia. Na categoría de mellor artigo xornalístico, gañou o traballo Como deseñar ADN no garaxe, publicado por Michele Catanzaro no suplemento dominical de El Periódico de Catalunya. En radio, o Prismas foi para El café cuántico 6: sobre primates, ratos e feromonas, de Burjassot Radio, realizado por Elena Denia, Antonio Sánchez e Héctor Vives.

A maiores, outorgouse unha mención honorífica ao vídeo Mareas vermellas, de Manuel E. García e Jorge H. Urcera.

O xurado estivo presidido por Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC, e tamén formaron parte del Carolina Moreno, catedrática de xornalismo da Universidad de Valencia, Manuel F. Herrador, profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños da UDC, Carmen Serrano, xornalista, directora de Comunicaciones Mil e organizadora das Xornadas de Divulgación Innovadora D+i, José Antonio Fernández Bouzas, director do Parque Nacional Illas Atlánticas, Erika López Palma, xornalista e responsable da delegación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Andalucía e do Museo Casa de la Ciencia de Sevilla, e Leopoldo García Sobrado, coordinador do certame, que actuou como Secretario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias festexa 30 anos de coñecemento compartido

O seu presidente, Julio Casal, reivindica o compromiso coa divulgación científica para achegar información de calidade á sociedade

Os Museos Científicos Coruñeses programan do 11 ao 19 de novembro a Semana da Ciencia

Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano prolónganse durante dúas fins de semana as celebracións da Semana da Ciencia