Descobren que unha balea extinta devoraba outras baleas hai 35 millóns de anos

Un equipo de investigadores acaba de describir na revista PlosONE o achado de restos dunha pequena balea extinta, a Dorudon atrox, procedentes do estómago doutro cetáceo de maior tamaño, o Basilosaurus isis, un depredador que podía acadar os 15 metros de lonxitude. O achado tivo lugar en Wadi Al-Hitan (Exipto), e o restos foron datados nuns 35 millóns de anos.

Segundo explican os investigadores, durante o Eoceno tardío, o Basilosaurus isis percoría os océanos e alimentábase de peixes de gran tamaño e mesmo de parentes máis pequenos ca ela. Para explicar a depredación, os científicos baseáronse en varias evidencias. Ao comezo era difícil saber se o B. isis era un preeiro ou un depredador. Porén, exames posteriores determinaron que, mentres todos os seus exemplares eran adultos, os de D. atrox eran xuvenís e, ademais, tiñan marcas de mordeduras nos fósiles do seu cranio. Tamén atoparon restos de peixes grandes, como a especie Pycnodus mokattamensis.
Isto levou aos investigadores a pensar que esta zona de África era un área de nacemento e cría do D. atrox e, en consecuencia, lugar de caza para a B. isis.

Publicidade

Restos fósiles do cranio dun xuvenil de "Dorudon atrox", con restos de mordeduras. Fonte: PlosONE.
Restos fósiles do cranio dun xuvenil de “Dorudon atrox”, con restos de mordeduras. Fonte: PlosONE.

Foi, por tanto, a primeira evidencia directa de que o Basilosaurus isis era un gran depredador. Viviu entre 34 e 38 millóns de anos antes de agora. Era un depredador moito maior que as orcas actuais, que apenas acadan os sete metros, e que os científicos compararon coa especie extinta. “Tiña un fuciño longo e uns incisivos afiados”, explicou Manja Voss, investigadora do Museum für Naturkunde de Berlín.

O lugar do achado, Wadi Al-Hitan, significa en árabe “Val das Baleas“, debido á gran cantidade de fósiles atopados na área. É por isto Patrimonio da Humanidade. Aínda que agora está en terra firme, no pasado foi un mar pouco profundo cunha gran cantidade de criaturas mariñas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O que os dentes nos ensinan sobre a evolución da vida acuática

Un percorrido pola sorprendente diversidade de estruturas orais que impulsaron adaptacións únicas nos animais acuáticos

Que comen as baleas galegas? Isto revela un novo estudo

Un estudo da Universidade de Aveiro e de centros de investigación de Galicia apunta a que os rorcuais consomen ata 67 quilogramos de peixe ao día

Que fai a supercomputación galega nun xacemento exipcio de hai 3.500 anos?

O CESGA almacena nun repositorio seguro a información das campañas de escavación que se desenvolven na antiga cidade de Tebas

Restos de baleas atopados en Galicia corroboran a extinción de dúas especies do Atlántico

Unha investigación arqueolóxica reuniu mostras do 3500 a.C. ata o século XVIII no maior estudo de Europa sobre estes cetáceos