Pódcast | O CIM desenvolve estratexias para preservar as poboacións que descenden por debaixo do límite crítico de conservación

Falamos coa investigadora Paloma Morán, quen investiga a variación xenética do salmón en relación a factores ambientais e zonas xeográficas

Este é o cuarto episodio do pódcast Todas as correntes levan ao CIM, un pódcast de Gciencia en colaboración co Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo para afondar coa sociedade no coñecemento do mar. Na ‘Corrente IV’ falamos de acuicultura e xestión sostible dos recursos, utilizando o salmón dos ríos galegos como exemplo, coa investigadora Paloma Morán, catedrática do departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía.

A xestión sostible dos ecosistemas é necesaria para asegurar o seu mantemento e a supervivencia das especies que viven neles. Con todo, esta xestión sostible tamén busca ter en conta as actividades humanas que se crean arredor dos ecosistemas, por exemplo, no que respecta á alimentación. Neste caso, o coidado dos ecosistemas, alén de intentar manter un equilibrio e non chegar á sobreexplotación, tamén ten como obxectivo lograr unha alimentación sa e segura.

Publicidade

No contexto concreto dos salmóns dos ríos galegos, estes deben enfrontar desafíos nas oscilacións periódicas entre natalidade e mortalidade. Así, vólvese necesario tomar accións tanto na súa fase de río como na súa fase de mar así como para reducir a mortalidade dos individuos reprodutores. Isto cobra especial relevancia cando as poboacións descenden por debaixo do límite crítico de conservación. Desta maneira, a xestión científica das poboacións de salmón busca equilibrar os factores críticos a través de datos e resultados observables co obxectivo de preservar as poboacións a longo prazo.


Episodio realizado por Laura Veiga

Publicidade

Edición: Carlos Tresandí


Escóitao nas plataformas de pódcast: Spreaker, Spotify, Ivoox, iHeart, Deezer, Podcast Addict, JioSaavn e Podchaser.

Laura Veiga
Laura Veiga
Xornalista pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en cultura científica pola Universidade de Oviedo e sexóloga pola Universidade Camilo José Cela. Combina a comunicación e a divulgación en medios como GCiencia e Nós Diario coa educación sexual e menstrual, que desenvolve a través do seu proxecto Pingando en redes sociais e en obradoiros para centros educativos e asociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Un proxecto galego mellora a detección da deterioración cognitiva mediante análise de sangue 

Unha investigación do IDIS estuda novos biomarcadores para avanzar cara a unha detección máis temperá e un seguimento personalizado

Novas filtracións na balsa tóxica de Alcoa: cal é o perigo do lodo vermello?

Os compostos da vertedura, que está a 75 metros das casas máis próximas, xorden da elaboración de aluminio, na que un quilo de alúmina produce dous do refugallo