Pódcast | O CIM busca determinar as alteracións de procesos naturais que poden afectar á supervivencia do planeta

O investigador Mariano Lastra estuda a degradación das algas baixo distintos niveis de radiación e como isto afecta aos nutrientes dispoñibles

Este é o quinto episodio do pódcast Todas as correntes levan ao CIM, un pódcast de Gciencia en colaboración co Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo para afondar coa sociedade no coñecemento do mar. Na ‘Corrente V’ falamos de cambio global e contaminación co investigador Mariano Lastra.

Os océanos tiveron ata agora un papel regulador no clima a través dunha serie de procesos físicos, químicos e biolóxicos que equilibran as fluctuacións naturais que se producen. Por desgraza, a situación actual de cambio climático provoca alteracións nos procesos naturais que regulan estes ecosistemas e o propio clima. Por este motivo, o persoal investigador do CIM traballa en estudos para coñecer as implicacións que ten todo isto a diferentes niveis, xa que o desenvolvemento de políticas de mitigación e adaptación, científicamente ben fundamentadas, é imprescindible para a supervivencia do planeta.

Publicidade

Un dos mellores laboratorios naturais do mundo atópase na Antártida e é alí onde desenvolven a súa investigación os científicos do CIM Mariano Lastra, Jesús Troncoso e Jesús López no marco do proxecto RADIANT. A iniciativa busca cuantificar os procesos de degradación das macroalgas que as correntes e mareas depositan na liña de costa e que funcionan como xeradores doutros procesos ecolóxicos asociados á súa descomposición. Concretamente, o proxecto busca estudar como se degradan as macroalgas en función de distintos niveis de radiación, o que pode afectar á cantidade de nutrintes dispoñibles no medio e, por outro lado, queren investigar se estas algas sometidas a diferentes niveis de radiación poden afectar ao consumo por parte de organismos herbívoros.


Episodio realizado por Laura Veiga

Publicidade

Edición: Carlos Tresandí


Escóitao nas plataformas de pódcast: SpreakerSpotifyIvooxiHeartDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser.

Laura Veiga
Laura Veiga
Xornalista pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en cultura científica pola Universidade de Oviedo e sexóloga pola Universidade Camilo José Cela. Combina a comunicación e a divulgación en medios como GCiencia e Nós Diario coa educación sexual e menstrual, que desenvolve a través do seu proxecto Pingando en redes sociais e en obradoiros para centros educativos e asociacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Congro, ostra e vieira: máis de 60 especies están afectadas polo cambio climático nas Rías Baixas

Unha investigación do Centro de Investigación Mariña analiza o impacto presente e futuro dos episodios meteorolóxicos extremos sobre a fauna mariña galega

Unha aplicación da UVigo permite detectar contaminantes na auga a través do móbil

O proxecto Aquasense emprega dispositivos portátiles de baixo custo para facilitar a vixilancia ambiental en contornas con poucos recursos

Un estudo relaciona a debilitación das correntes oceánicas con idades de xeo máis longas e intensas

Unha investigación con participación da UVigo achega nova información sobre a evolución do clima e o papel do océano Atlántico no fenómeno

O primeiro cartógrafo da Antártida era galego? A historia de Francisco Seyxas

Explorador do século XVII, navegante e espía, documentou terras e illas ao sur do Estreito de Magallanes máis dun século antes dos descubrimentos ingleses