Investigación

Oito de cada dez persoas en Galicia escriben normalmente en castelán

A enquisa de coñecemento e uso do galego amosa unha fenda xeracional e diferenzas notables entre as zonas urbanas e rurais

A Academia de Ciencias premia investigacións sobre o castiñeiro e contra a obesidade

Anúncianse os traballos gañadores dos galardóns Ernesto Viéitez, que serán entregados o 8 de outubro co gallo do Día da Ciencia en Galicia

Buscan en Lugo catadores de alimentos e bebidas para un proxecto científico

A empresa TasteLab, nacida no Campus Terra da USC e referente na análise sensorial da alimentación, quere ampliar o seu equipo de catadores

Detectan por segunda vez na historia un obxecto interestelar

A Unión Astronómica Internacional confirma que o cometa 2I/Borisov, que acada en decembro o seu perihelio, vén de fóra do sistema solar

Venus puido ser habitable ata unha catástrofe hai millóns de anos

Unha nova investigación suxire que tivo océanos e temperaturas medias ata un desastre posiblemente volcánico hai 700 millóns de anos

A metade das científicas cre que ser muller dificulta a súa carreira

Un informe da Fundación Cotec constata as distintas percepcións entre homes e mulleres en canto á igualdade na investigación

Alumnos do Instituto Galego de Bos Aires visitan o Sarmiento de Gamboa

Tamén coñeceron a Misión Biolóxica de Galicia do CSIC dentro do programa de dúas semanas de inmersión no país

O outono chega a Galicia con avisos por chuvia e vento

A estación comeza este luns 23 ás 9.50 horas, e durante ela poderemos ver varias chuvias de estrelas e un tránsito de Mercurio diante do Sol

GCiencia recolle en Pontevedra o Premio Mil Primaveras

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua entregou onte os galardóns nun acto celebrado no Pazo da Cultura

Tomas Lindahl, Nobel de Química 2015, visita Galicia en novembro

O científico sueco, experto na reparación do ADN, abrirá a 25ª edición do Encontro Galego Portugués de Química o 20 de novembro

Queres doar os teus dentes á ciencia para a maior colección do mundo?

Pontevedra será en novembro un dos puntos de recollida da campaña do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana

Os alumnos de Aeronáutica da UVigo poderán facer prácticas en Boeing

Universidade e empresa asinaron este mércores en Ourense un convenio no marco da Civil UAVs Initiative da Axencia Galega de Innovación

Isto é o que sabemos do novo obxecto interestelar que se achega a nós

Novos estudos apuntan a que C/2019 Q4 Borisov é un cometa que procede doutro sistema estelar, o segundo visitante tras Oumuamua

Atopan auga na atmosfera dun exoplaneta habitable

O planeta K2-18 b ten oito veces máis masa que a Terra e está situado a 110 anos luz do Sistema Solar

Químicos galegos crean un sensor inspirado nun ‘piano’ molecular

Os investigadores Félix Freire e Emilio Quiñoá, do CiQUS, desenvolveron un material intelixente que ofrece respostas distintas en función dos estímulos

Resolven cunha computadora planetaria o problema do 42

Dous matemáticos do MIT e da Universidade de Bristol atopan a solución a un problema que levaba 60 anos sendo un enigma