Investigación

Unha misión con presenza do CSIC detecta un novo gas en Marte

O explorador ExoMars-TGO atopa por primeira vez cloruro de hidróxeno, o que suxire unha nova interacción entre a superficie e a atmosfera

O caso de María de la Fuente: un precedente pola igualdade na investigación

Unha sentencia recoñece a discriminación na convocatoria á que a científica galega se presentou en desvantaxe por mor do permiso de maternidade

A xenetista Jimena Fernández de la Vega, Científica Galega do ano 2021

Xunto á súa irmá Elisa, foi a primeira licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago, e acadou gran notoriedade investigadora

Nanodispositivos que se camuflan para achegar remedios ás células

O proxecto Bow, que coordina o investigador José Rivas, da Universidade de Santiago, recibe 4,5 millóns de financiamento da UE

Vídeo: científicos galegos na busca da Nova Física no CERN

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías estrea un audiovisual no que explican o seu proxecto para detectar partículas de longa vida

Sara Mandiá: “Os investigadores máis activos en redes sociais científicas teñen maior impacto”

A doutora en Comunicación obtivo o premio da Real Academia de Doutores de España pola súa tese sobre a presenza e actividade en redes dos investigadores

Unha achega galega á secuenciación masiva de ADN e ARN

A tese realizada polo investigador Osvaldo Graña desenvolve software para mellorar estes procesos, que xa están dispoñibles na rede para a súa descarga

Un test da Covid-19 no teu teléfono? A idea do galego César de la Fuente

En catro minutos, o aparello pode notificar a presenza do SARS-CoV-2, e xa se iniciaron os ensaios clínicos nos Estados Unidos

Unha ‘app’ da USC calcula de forma automática os niveis de placa dental

O software "DenTiUS Plaque" cuantifica a través de técnicas de análise de imaxe a área afectada, a intensidade e o patrón de crecemento da placa

Unha sociedade polarizada agrava a incidencia da Covid-19, segundo un estudo da USC

Investigadores da Facultade de Física desenvolven unha metodoloxía baseada na análise de Twitter para avaliar o estado da opinión pública

Na procura de células resistentes aos tratamentos contra o cancro

O grupo BioNanoTools, do CiQUS da USC, participa nun consorcio internacional preparando axentes de contraste para atopar este tipo de células no organismo

Un material que pode converter superficies en antibióticos contra as superbacterias

O científico galego César de la Fuente lidera unha investigación para combater a resistencia bacteriana en catéteres e outras superficies

Científicos galegos cuestionan un método usado para estudar as variantes do SARS-CoV-2

Unha investigación de profesores da USC expón as limitacións dos denominados "barcodes", que non permiten o estudo dos patróns de diversidade do virus

Estudantes da UVigo idean un prototipo para a comunicación de persoas con parálise cerebral

O sistema, inspirado no que usaba Stephen Hawking, está sendo usado con Carlos, curmán de Juan Abia, un dos impulsores da idea

DOA: colaboración cidadá para documentar o léxico de Galicia e norte de Portugal

O Instituto da Lingua Galega impulsa un programa de recollida de información dentro do proxecto "Patrimonio léxico da Gallaecia"

Investigal denuncia o “desmantelamento” do programa de doutoramento da Xunta

O colectivo expón que a convocatoria de 2021 reduce o salario das persoas solicitantes e as horas de docencia, entre outras eivas