Investigación

O proxecto gañador da Galiciencia representará a España na maior feira científica europea

Como premio por gañar a Galiciencia 2017 viaxaron a Barcelona para representar a Tecnópole na Exporecerca 2018. Agora, Carlos Fole, Jaime Alonso, Miguel Herranz...

Un novo acelerador de electróns para o Laboratorio de Radiofísica da USC

O aparello, cedido polo Centro Oncolóxico de Galicia, permitirá avanzar na investigación da radioterapia contra o cancro

A crise dos Oceanográficos chega á revista ‘Science’

A prestixiosa publicación recolle os problemas do IEO, con sedes na Coruña e Vigo, debido ás trabas na execución dos orzamentos

“A estabilidade laboral dos investigadores é a miña prioridade”

Rosa Menéndez, a primeira presidenta do CSIC, gaba a capacidade de investigación e de difusión dos centros galegos

A Real Academia Galega revisa a definición de homeopatía no dicionario

A actual entrada, incluída na categoría de Medicina, fala tamén do homeópata como "médico que se dedica á práctica da homeopatía"

Martín Fañanás, premio ao Mellor Investigador menor de 40 anos

O cientifico do CiQUS ve recoñecida a "excelencia científica" co galardón que outorgan a Real Sociedad Española de Química e a farmacéutica Lilly

O científico da UDC Juan Bermúdez, premiado pola Real Sociedad Española de Química

Recibiu o galardón ao mellor artigo publicado por un inviestigador mozo grazas a un traballo sobre un novo material refrixerante

O astronauta Scott Kelly apoia o “primeiro campamento espacial” de Galicia

VermisLAB organiza a actividade, dirixida a nenos e nenas a partir de 6 anos, que se celebrará en Santiago do 26 ao 28 de marzo

Os galegos teñen a maior porcentaxe de ADN africano

Un estudo das universidades de Santiago e Oxford revela que Galicia ten máis rasgos xenéticos do Norte de África que Andalucía

Charlas, homenaxes, turismo e marisco: así foron as visitas de Hawking a Galicia

O científico estivo por primeira vez no país en 2008 e regresou en 2014 e 2015 facendo escala en Vigo nas súas viaxes en cruceiro

“Hawking aproveitaba cada minuto coma se fose un regalo”

O catedrático de Electromagnetismo da USC convidou por primeira vez a Stephen Hawking a Galicia en 2008 para entregarlle o premio Fonseca

Jose Edelstein: “Stephen Hawking foi un exemplo de tenacidade, teimosía, loita e xenio”

O profesor de Física da USC compartiu varios encontros co científico británico, ao que entrevistou en 2013 e visitou varias veces en Cambridge

O nome de Stephen Hawking queda unido ao cabo Fisterra

O físico visitou a localidade en 2008, e en 2017 inaugurouse a praza que leva o seu nome na Fin do Mundo

Morre Stephen Hawking, o físico que revolucionou a idea do universo

Axudou a coñecer os buracos negros, afondou nas teorías de Einstein e foi un formidable divulgador científico

A conferencia de Stephen Hawking en Santiago

En 2008, con motivo da entrega do premio Fonseca, Hawking impartiu no Pazo de Congresos a conferencia 'Saíndo dun burato negro'

O cerebro ordena as lembranzas mentres durmimos

Un estudo realizado por unha científica española de Cambridge demostra que se fortalecen as conexións importantes e se debilitan as irrelevantes