O científico da UDC Juan Bermúdez, premiado pola Real Sociedad Española de Química

No mes de xuño do ano pasado, investigadores da Universidade da Coruña publicaban en Nature Communications un artigo no que describían un novo material que podería abrir a porta a sistemas de refrixeración non contaminantes. Un traballo que lle valeu a este equipo o premio de investigación Ernesto Viéitez, que outorga a Real Academia Galega de Ciencias, e que agora outorga un novo recoñecemento a este equipo. Neste caso, o investigador Juan Manuel Bermúdez García, do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), que recibiu o Premio ao Mellor Artigo publicado por un investigador novo outorgado polo Grupo Especializado en Química do Estado Sólido da Real Sociedad Española de Química.

Bermúdez é un dos asinantes, xunto a Manuel Sánchez Andújar, Socorro Castro García, María Antonia Señarís Rodríguez, Jorge López Beceiro e Ramón Artiaga, do traballo sobre a perovskiña (así bautizada na honra da orixe galega do achado). Este material, pertencente á familia dos denominados ‘híbridos orgánicos-inorgánicos’, arrefría cando se lle aplica unha determinada presión en condicións próximas á temperatura ambiente. É o primeiro exemplo deste comportamento neste tipo de materiais. Non en tanto, é moi posible que haxa outros compostos que tamén presenten estas propiedades. Deste xeito, ábrese un gran horizonte de posibilidades en novos materiais para sistemas de refrixeración alternativos aos actuais.

Publicidade

Con este achado, o grupo do que forma parte Bermúdez propón o uso de materiais calóricos como alternativa aos gases de refrixeración, perigosos e contaminantes. A proposta, barata e non contaminante, permitirá facer sistemas de refrixeración máis compactos e eficientes, moi útiles nos dispositivos electrónicos. O artigo xurdira da tese de doutoramento de Juan Bermúdez, que estaba a investigar novos materiais orgánicos-inorgánicos para aplicacións tecnolóxicas, enerxéticas e medioambientais.

Deste xeito, o grupo descubriu que a perovskiña é un sólido cun efecto calórico moi prometedor para refrixeración inducido por baixas presións. Ademais é a primeira vez que se reduce enormemente a presión necesaria para exercer un efecto de refrixeración nun sólido. Ata agora todos os materiais sólidos de refrixeración necesitaban presións de traballo por riba de 1.000 bar (unhas 1.000 veces superior á presión atmosférica) e por primeira vez conseguiuse reducir esa presión por debaixo dos 70 bar, achegándonos á presión que poden acadar os compresores das neveiras actuais.

Tamén podes ler:

ciencia/refrixeracion-udc/

 

 

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC crea nanofibras que se montan e desmontan á vontade e controla como se adhiren as células

A científica Elena Pazos lidera unha investigación que aborda un dos retos do deseño de biomateriais: conseguir estruturas ordenadas que poidan modificarse mediante sinais químicos

Un equipo da USC logra unha reacción química para construír bibliotecas de moléculas codificadas por ADN

O descubrimento liderado polo investigador do CiQUS Manuel Nappi pode ser clave na procura de fármacos

O Foro de Empresas Innovadoras recoñece a Unirisco polos seus 25 anos de apoio á transferencia

Dende a súa creación en 2001, contribuíu a levar máis de 40 proxectos científicos ao ámbito comercial, impulsando a colaboración entre universidade e empresa

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento