O investigador Ángel Carracedo recolle o Premio Otero Pedrayo

O catedrático recibe o galaardón este xoves no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) de A Coruña

O investigador principal do CiMUS da USC, Ángel Carracedo, un dos mellores xenetistas a nivel internacional, foi recoñecido co Premio Otero Pedrayo 2022 pola súa traxectoria médica e científica. A distinción do premio cultural máis lonxevo de Galicia foi dada a coñecer onte tras a reunión do xurado dos galardóns, convocado pola Xunta e o catro deputacións provinciais. Este ano, estes premios nados en 1977 en honra a Otero Pedrayo recoñecen por primeira vez a traxectoria dun investigador. Hoxe, recolle o galardón no Muncyt da Coruña.

O xurado enxalzou a figura “privilexiada” do investigador, nacido en 1955 no municipio coruñés de Santa Comba e que ocupa desde 1994 a dirección do Instituto de Medicina Legal da USC. Carracedo ten na súa traxectoria o título de director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de xenotipado e é presidente da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica. Ademais, tamén ocupa a vicepresidencia da Academia Internacional de Medicina Legal e a presidencia da International Society for Forensic Genetics. As súas investigacións céntranse na xenética do cancro, as enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica. Así mesmo, a súa figura tamén se erixiu como un importante formador de novas xeracións de investigadores.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

O proxecto Xenoma Galicia detecta 42 persoas con variantes xenéticas de risco

O programa pioneiro de cribado xenético analiza 2.504 mostras e acada unha taxa de positividade do 1,7% para enfermidades hereditarias graves

Carmen Álvarez e Ángel Carracedo, recoñecidos nos Premios Nacionais de Investigación

Dos dez galardóns que concedeu o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dous recaeron este ano en recoñecido persoal investigador da USC

Dentro do proxecto de Carracedo: como poñer nome ás enfermidades raras de galegos sen diagnóstico

A análise do xenoma completo e o uso de tecnoloxías avanzadas permiten detectar mutacións complexas tras máis dunha década de probas sen resultado