Por que algúns maiores de 90 non teñen demencia? Un equipo de Santiago busca a resposta

O IDIS pide voluntarios para a realización dun ensaio non invasivo que pretende analizar o cerebro de nonaxenarios sen deterioración cognitiva

En que se diferenza o cerebro das persoas maiores de 90 anos que resisten sen ningún tipo de demencia nin deterioración cognitiva daquelas que presentan síntomas? Un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) trata de buscar a resposta a través dun ensaio non invasivo. Segundo explican dende o centro, o estudo dividiríase en dous pasos: unha primeira valoración neuropsicolóxica de 30 minutos de duración na que os expertos valorarán tanto a memoria como outras habilidades dos participantes; o segundo, a realización dunha resonancia e dous TAC, tamén de 30 minutos cada proba.

Para a realización do ensaio o IDIS precisa de voluntarios que recibirán unha información detallada sobre o estado de saúde do seu cerebro e o resultado das súas probas. Así mesmo, os participantes só necesitarán manterse en repouso na padiola durante a duración das probas. Finalmente, cos resultados obtidos no ensaio elaborarase un estudo para identificar os motivos polos que as persoas maiores de 90 anos resisten cun sistema cognitivo intacto fronte a aquelas que desenvolven demencias ou enfermidades como o alzhéimer.

Publicidade

O estudo PET90+, que así se denomina a iniciativa do IDIS, é un proxecto conxunto dos dous servizos do CHUS, o Servizo de Medicina Nuclear, dirixido por Virginia Pubul, e o Servizo de Neuroloxía, liderado por José María Prieto. No proxecto tamén participan o profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela Pablo Aguiar, como coordinador, e os investigadores José Manuel Aldrey, Juan Pías-Peleteiro, Julia Cortés e Marta Gil, ademais dos investigadores Tomás Sobrino e Laura Vázquez do Grupo Laboratorio de Neuroenvellecemento do IDIS.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Living Lab de Vigo pon en marcha o testeo colaborativo de solucións tecnolóxicas para a saúde

O proxecto internacional conta con oito propostas innovadoras en desenvolvemento para tratar pacientes con Alzheimer e demencia

Un equipo de Santiago revela patróns xenéticos compartidos entre oito trastornos mentais

Un novo estudo do IDIS aplica por primeira vez unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría co obxectivo de mellorar o diagnóstico e impulsar a medicina personalizada

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

Unha análise de sangue e un novo escáner cerebral detectan sinais de alzhéimer anos antes dos síntomas

Os resultados de dous estudos publicados en 'The Lancet' abren novas posibilidades para mellorar o diagnóstico precoz da enfermidade neurodexenerativa