Un enzima do champiñón é eficaz para combater a hepatite C

Investigadores españois descobren a acción antiviral do cogomelo, que podería contribuír ao desenvolvemento de novas terapias

Tirosinasa. Ese é o nome dun enzima presente no champiñón branco (Agaricus bisporus). Agora, un equipo de investigadores españois acaba de descubrir que dito enzima ten actividade antiviral contra o virus da hepatite C grazas a un mecanismo de inhibición distinto ao dos fármacos habituais. Este achado, realizado in vitro e publicado na revista Pharmaceuticals, podería contribuír ao desenvolvemento novas terapias. Ademais, a investigación tamén está liderada polo CSIC.

A partir do ensaio in vitro, os investigadores demostraron que a tirosinasa do champiñón, e particularmente unha isoforma —unha variante do propio enzima— son eficientes a concentracións micromolares, é dicir, unha millonésima parte da masa das moléculas. Estas inhiben completamente a replicación do virus da hepatite C en células hepáticas humanas. De feito,a isoforma presenta unha capacidade antiviral ata dez veces superior á do fármaco comercial Ribavirina, actualmente empregado en combinación en moitos tratamentos.

Publicidade

Sen toxicidade

Amais disto, os resultados obtidos no estudo demostraron que os enzimas extraídos directamente do champiñón non presentan toxicidade en células hepáticas, polo que poderían usarse como proteínas para o tratamento da infección provocada pola hepatite C. Por tanto, esta preparación de tirosinasas podería converterse nun axente terapéutico prometedor. “Poderiamos proporcionar un fármaco de moi baixo custo para o tratamento do virus, que podería usarse como substituto ou en combinación con outros fármacos”, asegura José Miguel Palomo, coautor do estudo.

Unha das vantaxes que subliña o investigador é a gran redución de custos que suporía a fabricación dun fármaco a partir das tirosinasas do champiñón, posto que os tratamentos actuais están arredor dos 60.000 euros por paciente. Por iso o equipo de investigadores busca seguir avanzando e desenvolver ensaios in vivo deste tipo de compostos para demostrar o seu potencial como fármaco. A investigación, xa patentada, segue adiante co obxectivo de conseguir un fármaco contra a hepatite C, que en 2019 matou a preto de 290.000 persoas, segundo datos da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Publicidade


Referencia: In Vitro Antiviral Activity of Tyrosinase from Mushroom Agaricus bisporus against Hepatitis C Virus. Pharmaceuticals (Publicado en Pharmaceuticals)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais