Wenceslao Fernández Manteiga ingresa na Academia de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) acolleu este mércores  o acto de ingreso como académico de Wenceslao González Manteiga, catedrático de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se integra na Sección de Matemáticas, Física e Física do Cosmos da institución.

Wenceslao Fernández sinalou no seu discurso a revolución na estatística que supoñen as novas tecnoloxías

O discurso de ingreso, que tivo lugar no Pazo de San Roque de Santiago, levou por título “A estatística matemática na era do Big Data”. Na súa intervención, Wenceslao Fernández expuxo como internet, as novas tecnoloxías da información e os métodos innovadores de cálculo están propiciando unha revolución na estatística, cunha explosión de múltiples aplicacións que van desde os controles de procesos industriales ata a criminoloxía, pasando pola clasificación das noticias falsas e a medicina personalizada. Logo do discurso, recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma por parte do reitor da USC, Antonio López.

Publicidade

Ao acto desta tarde asistiron, entre outros, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde; o director do Instituto Galego de Estatística, José Antonio Campo Andión; o concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago de Compostela, Manuel Dios; e o director da Escola Naval de Marín, Ignacio Cuartero.

González Manteiga (Sao Paulo, 1956) ocupa a Cátedra de Estatística e Investigación Operativa da USC desde 1992. É coordinador do grupo de Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións (Modestya), seleccionado como grupo de referencia competitiva pola Xunta de Galicia. É membro do Instituto Internacional de Estatística (International Statistical Institute – ISI) e do Instituto de Matemática Estatística (Institute of Mathematical Statistics – IMS).

Publicidade

Fernández Manteiga é unha referencia na investigación estatística en Galicia

Os campos de aplicación das súas investigacións cobren desde o sanitario ao financeiro, pasando polo medioambiental. Ao longo da súa traxectoria investigadora, liderou proxectos relacionados coa transferencia tecnolóxica, a través de colaboracións e convenios con diversas empresas desde hai máis de 25 anos a nivel nacional e internacional. É autor ou coautor de máis de 190 publicacións en revistas científicas e coautor de máis de 500 comunicacións presentadas en congresos nacionais e internacionais. Ademais, obtivo diversos premios de investigación.

No plano docente, conta cunha traxectoria de 39 anos de actividade como profesor de Estatística. Foi coordinador do Máster en Técnicas Estatísticas (mención de calidade), das universidades galegas no curso 2007-2008 e actualmente é membro da súa comisión académica. Impartiu cursos de doutoramento a nivel nacional e internacional e foi profesor invitado en varias universidades españolas e nas de Louvain- La Neuve (Bélxica), Paul Sabatier de Toulouse (Francia), Brno (República Checa), IMPA (Brasil) e a Universidade de Buenos Aires (Arxentina).

Ademais, é coordinador do grupo de traballo de estatística para datos funcionais do Consorcio Europeo de Investigación en Informática e Matemáticas (ERCIM) e representante da USC na plataforma científica internacional IAP network.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE