A Zona Franca acollerá unha rede de intercambio para o sector biotecnolóxico

As instalacións do Consorcio da Zona Franca de Vigo en Porto do Molle (Nigrán) acolleron este mércores un encontro para poñer en marcha unha rede de ‘hubs’ destinados a ofrecer servizos de información online, asesoramento e coaching para as empresas e start-ups do sector biotecnolóxico.

O proxecto CT-Bio, cofinanciado polos fondos Feder da Unión Europea, aposta pola “hibridación do sector biotecnolóxico con outros sectores estratéxicos para conseguir melloras competitivas”. No encontro presidido polo delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, participaron as seis entidades promotoras do clúster transfronteirizo de Biotecnoloxía Galicia-Norte de Portugal (USC, Zona Franca, Bioga, Universidade do Minho, P-Bio e o INL (International Iberian Nanotechnology Laboratory), que se incorporou como novo socio á rede.

Publicidade

Novas ferramentas para o sector biotecnolóxico

David Regades valorou positivamente a apertura da rede de ‘hubs‘ da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal xa que se trata de “son espazos para o encontro, o intercambio e a inspiración. Un concentrador de servizos definitivo para o desenvolvemento deste sector de futuro xa que aumentarán a velocidade de traballo e a efectividade na transmisión de información”, dixo.

A rede estará formada por un total de catro espazos, dous deles situados en Portugal, no INL e na Universidade do Minho, e os outros dous en Galicia, nas instalacións da USC e no edificio Tecnolóxico de Porto do Molle. Este último contará cun total de dúas salas e un laboratorio destinados a empresas e emprendedores do sectorbiotecnolóxico . Así, o acceso aos espazos será gratuíto para todas aquelas persoas que se atopen desenvolvendo un proxecto relacionado co sector.

Publicidade

Ademais do propio espazo, estes ‘hubs’, ofrecen tamén servizos de información en liña e de fomento de oportunidades de negocio para empresas da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Ademais, facilitan o acceso a asesoramento especializado, formación e información para aquelas empresas e startups que o desexen.

Polo de excelencia

Con todo este traballo, o obxectivo do proxecto CT-Bio é promover a cooperación, a integración e a competitividade do sector biotecnolóxico no espazo Galicia-Norte de Portugal, para converter a Eurorrexión nun “polo de excelencia territorial” neste eido.

Como obxectivo final aspírase á creación dun Clúster Transfronteirizo de Biotecnoloxía Galicia-Norte de Portugal que opere como un axente de promoción da competitividade sectorial, prestando servizos avanzados do desenvolvemento empresarial e integración na cadea de valor.

A súa finalidade é a de contribuír á aceleración do talento individual e grupal do capital humano do sector e fomentar, así, a súa proxección internacional e o acceso a mercados exteriores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

BioSpain pecha con máis de 1.900 asistentes e anuncia Barcelona como sede en 2027

A décimo terceira edición reuniu representantes de preto de 900 entidades de 32 países ao longo de tres días de congreso en Bilbao

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades