A Universidade da Coruña participa na misión da nave espacial EUCLID

Carlos Dafonte, Minia Manteiga, Marco A. Álvarez e Daniel Garabato intégranse no consorcio, que ten por obxectivo investigar a orixe do universo

Un equipo de científicos do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, acaba de integrarse no consorcio internacional que desenvolve a ambiciosa misión EUCLID da Axencia Espacial Europea (ESA). O lanzamento da nave, previsto para a segunda metade do ano 2022, achegará novas oportunidades para investigar a orixe do universo, a historia da súa expansión e o crecemento das estruturas cósmicas durante os últimos 10.000 millóns de anos.

Desde A Coruña, o grupo formado por Carlos Dafonte, Minia Manteiga, Marco A. Álvarez e Daniel Garabato, contribuirá á posta en marcha da misión espacial, participando na recolección de datos para a catalogación de miles de millóns de estrelas e galaxias. Os expertos da UDC xa forman parte doutra dos proxectos da Axencia Espacial Europea, a misión Gaia, que desenvolve desde hai anos o mapa máis completo da Vía Láctea.

Publicidade

Daniel Garabato, Marco A. Álvarez, Minia Manteiga e Carlos Dafonte. Foto: UDC.
Daniel Garabato, Marco A. Álvarez, Minia Manteiga e Carlos Dafonte. Foto: UDC.

No caso de EUCLID, a finalidade é atopar respostas a unha cuestión clave para comprender a evolución e o destino do universo: que papel xogan a materia escura e a enerxía escura. Estes compoñentes combínanse coa gravidade para influír na evolución do cosmos; a enerxía escura acelera a expansión do universo, mentres que a materia escura acelera o crecemento da estrutura cósmica, pero non hai consenso a nivel científico sobre que son en realidade estes compoñentes.

O gran volume, diversidade e nivel de precisión das medidas precisan dun considerable esforzo para o seu procesado, sendo unha parte crítica da misión. Un total de nove centros de datos procesarán máis de 10 petabytes de datos ao longo de dez anos. Estímase que en 2032 poderá facerse pública unha base de datos para a toda a comunidade científica.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades para impulsar unha IA confiable e responsable

O CITIC e o CiTIUS representarán a Galicia nesta iniciativa que reforzará a cooperación científica, a captación de talento e a transferencia de coñecemento

A UDC crea unha plataforma de IA para personalizar o tratamento da incontinencia urinaria feminina

O proxecto XINE-IA combinará datos clínicos, tecnoloxías terapéuticas e experiencia de pacientes para apoiar aos profesionais sanitarios

Galicia impulsa unha infraestrutura cuántica pioneira ao servizo da investigación

O CITIC obtén unha axuda de 1,04 millóns de euros que financiarán proxectos con impacto nos ámbitos da saúde, a industria ou a ciberseguridade