A Academia de Ciencias nomea presidente de honra a Miguel Ángel Ríos

A homenaxe realizarase no acto de apertura do curso académico, que terá lugar este mércores a partir das 19 horas no Pazo de San Roque de Santiago

A Real Academia Galega de Ciencias celebra este martes 5 de maio ás 19 horas a  apertura do curso académico 2021, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela. No acto tamén se celebrará o nomeamento do presidente de honra da institución, Miguel Ángel Ríos Fernández, que dirixiu a entidade entre 2014 e 2019, impulsando un importante cambio e unha notoria modernización na institución.

Ao acto deste martes asistirán o presidente da RAGC, Juan Lema, e o resto do equipo de goberno da Academia, outras académicas e académicos e diversas autoridades como o reitor da Universidade de Santiago (USC), Antonio López; a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey; e o secretario Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro.

Publicidade

O evento contará cunha lección maxistral por videoconferencia a cargo do profesor e doutor Juan Quintás Seoane, titulada “A globalización en transición”.  No marco desta celebración, a RAGC procederá a oficializar o nomeamento do presidente de honra da institución, o catedrático emérito de Química Física da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Miguel Ángel Ríos Fernández.

O profesor Ríos, nacido en Ponte Ulla, é licenciado e doutor en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago. Foi Premio Extraordinario de Licenciatura e Doutoramento e está en posesión da Insignia de Ouro da USC, institución da que tamén é catedrático emérito. Foi bolseiro da Fundación Juan Marcha, e especializouse na Universidade de Kent (Reino Unido). É considerado o impulsor da Química Cuántica en Galicia. Como secretario xeral de Investigación da Xunta foi o creador dos primeiros plans de I+D+i en Galicia. Foi tamén presidente do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). No seu grupo de investigación instalouse o primeiro ordenador vectorial que chegou a Galicia, un Convex C-120. Baixo a súa dirección directa formaronse cinco Catedráticos de Universidade e sete Profesores Titulares das tres Universidades galegas. Dirixiu numerosas teses de doutoramento doctorais e publicou traballos de investigación en revistas de prestixio internacional.

Publicidade

O evento tamén poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube da RAGC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

Tres científicos e dúas científicas de USC e UVigo reciben as Medallas de Investigación

Os premios da Real Academia Galega de Ciencias recoñecen a Mabel Loza, Sebastian Villasante, Leandro Alejano, Rosa Crujeiras e Francisco Rivadulla