Unha neurona xigante chega ao museo MUNCYT da Coruña

Chega a Coruña a instalación ‘Big Neurona‘, un museo móbil interactivo con forma de neurona xigante onde os participantes poden penetrar nun labirinto de espellos e transitar polas diferentes partes que compoñen as neuronas recibindo información, resolvendo incógnitas e participando en actividades, talleres e xogos.

Esta orixinal instalación amosa aos visitantes, na sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), o funcionamento das neuronas espello, a base da empatía entre as persoas, a través de actividades como ‘O espello empático’. Nela poden meterse na pel do outro mediante un software interactivo ou visualizar ilusións ópticas que fascinarán tanto a pequenos como a maiores. Xogos audiovisuais e obradoiros para desvelar respostas sobre as células que transmiten información no sistema nervioso completan a oferta de Big Neurona. Tanto Big Neurona como os talleres e actividades asociados a ela son de carácter completamente gratuíto e a súa entrada estará aberta ao público en xeral.

Publicidade

‘Big Neurona’ está deseñada para cativos e maiores e conta co apoio da FECYT

Inauguraron a instalación a directora do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, MUNCYT, Marián del Egido,  xunto a Casto Rivadulla, membro da Sociedade Española de Neurociencia, SENC, e profesor da Universidade da Coruña e o alcalde desta cidade, Xulio Ferreiro.

Nesta exposición en forma de neurona poderanse descubrir aspectos tan curiosos como que o cerebro representa un 2% do peso do noso corpo pero con todo consome un 25% de toda a súa enerxía. Ou que o noso cerebro é tan flexible que se nos puxésemos unhas lentes que nos fixesen ver o mundo ao revés nuns días afariámonos. O público paseará entre dendritas e axóns para coñecer o funcionamento da neurona.

Publicidade

Big Neurona é unha idea orixinal do Caleidoscopio e a Asociación Nacional de Investigadores Século XXI e contou con financiamento da Convocatoria de Axudas para o fomento da cultura científica e da innovación da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da cosmoloxía moderna á física solar: os congresos que marcarán a semana da eclipse na Coruña

A cidade reunirá durante catro días a investigadores de referencia internacional para abordar as grandes incógnitas do universo e os últimos avances da estrela

⁠⁠A Coruña, entre os puntos de repartición das lentes gratuítas do Goberno para a eclipse total

O Ministerio de Ciencia e o Grupo Social ONCE distribuirán dous millóns de dispositivos visuais certificados para observar con seguridade o fenómeno do 12 de agosto

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur